Print this page
-->

O Concello de Padrón convoca o XXXIII Premio Literario Camilo José Cela

O Concello de Padrón convoca a 33 edición do Premio Literario Camilo José Cela. Creado no ano 1989 para homenaxear "a figura humana e literaria do egrexixo escritor", trátase dun dos certames máis consolidados do panorama das letras nacionais e conta cunha dotación de 1.500 euros para a obra gañadora.

As persoas que desexen participar deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo de entrega finaliza o 17 de xullo de 2023.

Enlace ás bases da convocatoria.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…