-->

Feira Medieval de Padrón 2022

Ata o 22 de xullo pódense presentar solicitudes para montar postos de alimentación ou artesanía 

 

O Concello de Padrón vai celebrar unha nova edición da Feira Medieval do 2 ao 4 de setembro nas rúas do Casco Histórico da Vila co obxectivo de promocionar e potenciar a artesanía galega. As persoas interesadas en montar postos de artesanía ou gastronomía na feira teñen de prazo ata o 22 de xullo para presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello.

As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e, xunto con toda a documentación requerida, entregala no Rexistro antes do 22 de xullo.

Poderase solicitar a participación na Feira Medieval de Padrón en dúas modalidades:

  • Alimentación:Aqueles postos que vendan comida ou bebida
  • Artesanía: para a venda de produtos manufacturados polo propio vendedor ou vendedora mediante proceso artesanal, e que exhiba a devandita técnica ante o público un mínimo de dúas horas diarias, durante o transcorrer da feira.

A Feira Medieval de Padrón estará aberta ao público o 2 de setembro (venres) de 18.00 a 01.00 horas e o sábado e domingo (días 3 e 4) de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 01.00 horas. A partir da unha da madrugada non se poderá facer ningunha actividade nos postos.

As bases e o regulamento da Feira Medieval de Padrón, así como a ficha de inscrición pódense descargar nos arquivos adxuntos que se poden descargar nos seguintes enlaces:

• Bases da Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

• Regulamento da Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

• Solicitude de Participación na Feira Medieval de Padrón 2022 (PDF)

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…