-->

Padrón, capital da Comarca do Sar

Situada nunha extensa veiga entre os ríos Sar e Ulla, a vila de Padrón é terra de historia, tradicións e cultura

Padrón

O Concello de Padrón é a porta natural da ría de Arousa e sitúase no límite xeográfico entre o sur da provincia da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra, separados polo río Ulla. Xunto cos municipios de Dodro e Rois conforma a Comarca do Sar, da que é capital. 

O termo municipal ten unha superficie de 48,4 quilómetros cadrados e está distribuído en cinco parroquias e 91 lugares: San Pedro de Carcacía (18 lugares), Santa María de Cruces (17), Santa María de Herbón (12), Santa María de Iria Flavia (30) e Santiago de Padrón (14). 

Desde unha perspectiva socioeconómica, o Concello de Padrón caracterízase pola diversificación da súa estrutura económica, xa que, ademais de ser considerado unha despensa natural para Galicia grazas ao seu clima cálido e chuvioso, nas últimas décadas soubo medrar industrialmente, converter os seus atractivos turísticos e o paso do Camiño Portugués nunha nova fonte de riqueza e desenvolver un sector servizos equilibrado para un municipio con 8.581 habitantes.

  

Parroquias:

> San Pedro de Carcacía (14,12 qm2 de superficie e 18 lugares)

Bandín, Berxaos, Casal, Corral, Cruxeiras de Abaixo, Cruxeiras de Arriba, Guimaráns, A Igrexa, Lamas, O Outeiro, Pousada, Rial, Ribadulla, Rumille, Sande, Sinde, Sobrerribas e Xoane

> Santa María de Cruces (12,41 qm2 de superficie e 17 lugares)

A Abelina, A Angueira de Suso, O Areal, A Baiuca, Bascuas, Cruces, A Escravitude, O Loureiro, Os Muíños, O Pedroso do Norte, O Pedroso do Vendaval, A Picaraña, Prada, Queiruga, Tarrío, Vigo e O Vilar

> Santa María de Herbón (9,31 qm2 de superficie e 12 lugares)

A Barca, As Casas Baratas, Os Condes, Confurco, Cortiñas, Herbón, A Igrexa, Morono, O Rego da Manga, Riba da Fonte, A Rocha e Santa Cruz

> Santa María de Iria Flavia (8,02 qm2 de superficie e 30 lugares)

A Aduana, Anteportas, Arretén, O Barco, A Calzada, Cambelas, O Couto, A Horta, Iria Flavia, Lestido, Luáns, A Matanza, O Montiño, O Muelle, O Paraíso, Pazos de Iria, Pedreda, O Piñeiro, O Pombal de Abaixo, O Pombal de Arriba, A Ponte, Porta dos Mariños, A Pousa, Quintáns, Romarís, O Roucón, A Rúa, O Rueiro, O Souto e Vista Alegre

> Santiago de Padrón (4,46 qm2 de superficie e 14 lugares)

Agronovo, Estramundi de Abaixo, Estramundi de Arriba, Lamas, Padrón, A Pedreira, O Santiaguiño do Monte, A Santiña da Devesa, A Serra, O Souto, A Torre, A Toxeira, A Trabanca e Vilar

 

Poboación: 8.581 habitantes (ano 2016 | Fonte: Instituto Nacional de Estatística)

> Total: 8.581 (Homes: 4.131) (Mulleres: 4.450)

   0 a 15 anos: 1.075 (Homes: 550) (Mulleres: 525)

   16 a 64 anos: 5.443 (Homes: 2.746) (Mulleres: 2.697)

   65 e máis anos: 2.063 (Homes: 835) (Mulleres: 1.228)

> Poboación estranxeira: 112 (Homes: 58) (Mulleres: 54)

> Idade media: 45,76 (Homes: 44,04) (Mulleres: 47,37)

 

Distancias coas principais cidades galegas:

> Santiago de Compostela: 21 quilómetros

> Pontevedra: 36 quilómetros

> Vigo: 63 quilómetros

> A Coruña: 80 quilómetros

> Ferrol: 109 quilómetros

> Lugo: 116 quilómetros

> Ourense: 101 quilómetros

 

Para consultar máis información estatística sobre o Concello de Padrón, preme nesta FICHA do Instituto Galego de Estatística.

 

 

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15009 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…