Centros culturais

En Padrón destacan os seguintes museos e fundacións:

Fundación Cela

Casa Museo de Rosalía de Castro

Museo de Arte Sacra de Iria Flavia

Fundación Cela

subir

Con só cruzar a estrada, enfronte da Colexiata de Santa Maria de Adina, está a dezaoitesca Casa dos Canónigos. Residencia habitual dos canónigos en tempos de esplendor da Sé iriense.
Na actualidade é un conxunto de edificios, nos cales albérganse, un Museo de Arte Sacro e na outra parte a sé da Fundación Camilo José Cela; esta atópase dividida en varias salas (edificios), a presidencia da fundación, a biblioteca, o centro de estudos e o Aula de Juan Rodríguez onde se atopan infinidade de detalles persoais do Nóbel galego, sen contar coa inigualable pinacoteca e hemeroteca.

 

Un dos edificios acolle o Museo Ferrocarrilero John Trulock, avó de Camilo J. Cela, resaltando neste recinto as locomotoras Sarita (unha das primeiras que circularon polas vías férreas galegas) e Sestao.

www.fundacioncela.com

 

Casa Museo de Rosalía de Castro

subir

Seguindo un pouco máis adiante, e salvada a canalización do Sar e a vía do tren, está a casa da Matanza.
Nela suspirou por última vez Rosalía de Castro, e foi convertida en museo da poetisa. Nos catro idiomas estatais (castelán, galego, vasco e catalán) advírtese o horario de visitas (de 10:00 a 13:30 h., e de catro a oito no verán; e de nove e media a unha e media, e de catro a sete no inverno).

No ano 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro co fin de recupera-la Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 e na actualidade é propietaria da mesma a Fundación Rosalía de Castro, que continúa o labor que comezara o Padroado. Entre os obxectivos primordiais da Fundación están o coñecemento da figura e obra da escritora ó mesmo tempo que difundi-la do seu marido, o historiador Manuel Murguía, ademais de encargarse da conservación da Casa-Museo e do Panteón da escritora situado na Igrexa de San Domingo de Bonaval en Santiago.

Dentro da casa museo, multitude de obxectos que recordan á emblemática escritora, distribuídos por todas as habitacións; algunhas destas áchanse tal e como estaban no século XIX, impecables e convertidas en material didáctico para todo galego que queira saber algo máis do seu propio pasado.

Nela destacan o dormitorio e o despacho, coa biblioteca, e é posible adquirir libros e obxectos de recordo do paso pola casa da Matanza.

Alí tamén hai un momento no que cambia o carácter da vila de Padrón e ennoblece algo que co tempo se converteu nun dos actos máis entrañables de Galicia: a entrega do Pedrón de Ouro, premio que un patronato independente e do mesmo nome que o galardón concede desde fai décadas á persoa ou persoas que se destacaron ó longo da súa vida na defensa da cultura autóctona galega. Este premio entrégase o domingo seguinte ó Día das Letras Galegas.

www.rosaliadecastro.org

 

Museo de Arte Sacra de Iria Flavia

subir

No conxunto histórico-artístico de Iria-Flavia tamén destacan, xunto coa Fundación Cela e a Colexiata de Iria Flavia, un pequeno museo de arte sacro fronte á igrexa, ó lado da fundación Cela.

O museo está nos baixos da Casa Rectoral de Iria Flavia, única diócese en activo tra-la conquista musulmana da Península Ibérica.

Neste intre está pechado ás visitas.

www.museosdegalicia.com