Recursos Naturais

En Padrón todo invita ao descanso: un paseo á sombra das árbores do Espolón; un paseo polas rúas medievais; unha camiñada polas escaleiras que van ao Santiaguiño; unha tarde de descanso na área recreativa que leva o mesmo nome; ou simplemente, ler tranquilamente un libro  rodeado das árbores centenarias do Xardín Botánico, mentres se oe caer a agua nas fontes.

"O Espolón"

Xardín Botánico-Artístico

Área recreativa do Santiaguiño do Monte

 

"O Espolón"

subir

É o momento de dar marcha atrás e regresar ata a igrexa de Santiago. Queda introducirse no centro urbano, nese burgo medieval do que a Historia Compostelana di que no século XII tiña multitude de casas e veciños, e que foi o corazón dos estaleiros nos que tomou corpo a primeira armada galega. E o mellor é seguir esa enorme alameda que aparece ante os ollos e que recibe o nome de O Espolón.

Lugar emblemático de Padrón no que resíde a estatua de Rosalía de Castro, un monumento doado polos padroneses en Uruguay, homenaxe ao que se sumaron os galegos residentes en Bos Aires. Alí mesmo, outra placa fai constar que Galicia coroou de laureiro ao grande poeta Ramón Cabanillas en abril de 1958.

O Espolón é acougo, é paz, é amplo espazo para o lento camiñar e para a charla. A condición de que, está claro, non sexa domingo, porque entón é bullicio, ebullición e feira sen par á que acoden miles de persoas.

 

Xardín Botánico-Artístico de Padrón

subir

Alén da estrada que vai da Coruña a Tui, na avenida de Compostela, está o xardín Botánico-Artístico, tranquilo Monumento Artístico Nacional (desde 1946) que incita ao paseo, ao faladoiro e á confesión.

A fonte, e ata a estatua a Macías "o Namorado" co verso "Cativo da miña tristura", pasan case desapercibidos no medio daquel verxel con cada un dos seus elementos identificados.

Rodeando estatua material e versos inmortais conviven, en harmonía, o carballo (roble), tan popular en Galicia coa fotinia serrulada de Chinesa; o loureiro (laurel) co ave do paraíso de Sudáfrica; o espino albar (típico de toda Europa, Oeste de Asia e Norte de África) co cornexo de bentham (o árbore portafresas galaico), que se atopa no Himalaia; e, en fin, o palqui de Chile co aliso italiano (ameneiro) do Sur de Italia e a illa de Córcega.

O visitante pode caer no erro de pensar que tan só hai unhas cantas especies. As censadas nese amplo pero ao mesmo tempo entrañable espazo (unha hectárea, en números redondos) son nada menos que 300, testemuñas mudas dun programa educativo-cultural silencioso pero efectivo: miles de persoas pasan por alí cada ano en visitas organizadas que difunden logo por toda Galicia o saber botánico que atesora Padrón.

O protagonismo deste espazo natural está notablemente demostrado: condición secular (entre os mais antigos da xeografía española), forma parte do Patrimonio Artístico (decla

ración monumental e artística desde 1946) , vinculación cultural (Apóstolo Santiago, Rosalía de Castro, Camilo J. Cela) relevancia xardinística (parterre xeométrico de deseño estructural), extraordinaria riqueza florística (300 especies) e individual ( 9 elementos forman parte do catálogo arbóreo monumental do Finisterrae.)

Pero non se pode saír do Monumento Artístico Nacional sen unha mirada a outra estatua que inmortaliza a un home humilde: Ernesto Gende Rodríguez, un profesor que durante décadas desenvolveu un labor educativo altruísta.

 

Área recreativa do Santiaguiño do Monte

subir

As 132 escaleiras que conducen á área recreativa do Santiaguiño do Monte nacen alén do edificio onde naceu Nicasio Pajares, na calle Santiago. É posible ir tamén en coche, deixando á esquerda un cruceiro e pasando polo colexio público que leva por nome -¡como non!- Rosalía de Castro; pero o auténtico é ascender a pé, sobre todo tendo en conta que a distancia é curta.

Arriba, un área recreativa con mesas, barbacoas, fontes, un pequeno cuberto, todo á sombra dos pinos e castiñeiros, ofrécese como o marco para o descanso, veciña da capela con tres portas (a principal non está na fachada, senón nun lateral) que mostra un interior de sobriedade espartana onde destaca unha imaxe do Apóstolo.