Novas recentes
O goberno padronés conta coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego para organizar os concursos morfolóxicos do domingo 31 Pola tarde, no Campo da Barca, haberá unha exhibición gratuíta de doma de alta escola Pecharanse ao tráfico un tramo das estradas AC-307 e da AC-299 entre ás 10.00 e as 17.00 horas para garantir a seguridade O Concello de Padrón repartirá 3.370 euros en premios entre os exemplares que o vindeiro domingo, 31 de marzo, participen na Feira Cabalar de Pascua, que este ano estará organizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego. A feira celebrarse no Campo da Barca, de 10.00…
Padrón busca equipo para representar o noso municipio nas Olímpiadas Tecnolóxicas. Poderán formar parte deste equipo rapazas e rapaces de entre 7 e 17 anos, que aprenderán a programar en scratch para crear o seu propio videoxogo. As clases, un total de nove, desenvolveranse entre o 10 de abril e o 5 de xuño na Aula Cemit en horario de 18.30 a 20.00 horas nas seguintes datas: Mércores 10 de abril Venres 19 de abril Mércores 24 de abril Venres 3 de maio Mércores 8 de maio Luns 13 de maio Martes 21 de maio Mércores 29 de maio Mércores…
A calidade dos expositores e a afluencia de visitantes marcan o certame celebrado no Convento do Carme O alcalde Anxo Arca e a corporación municipal participaron na inauguración e na entrega de galardóns José Freire, organizador da expofeira, anunciou a creación dunha nova categoría na próxima edición: as camelias rexistradas en Galicia O Convento do Carme acolleu esta fin de semana a oitava edición da Exposición da camelia e do bonsái coa participación dun total de 34 expositores que completaron o aforo e a visita de centos de persoas. O bo tempo e a singularidade da mostra organizada polo Concello…
O bo tempo e a ampla oferta de actividades foron un reclamo para os centos de persoas que gozaron das diferentes propostas A veciñanza e os visitantes desfrutaron dos postos de artesanía e de produtos de proximidade situados entre a rúa Longa e a praza da Igualdade A troula veu de man da música en directo coas DJ Riquinha e Bonita&Sabrosa o Grupo Dalsi O bo tempo acompañou á celebración este sábado do mercado ‘Voces Delas’ no Concello de Padrón. Esta cita, incluída dentro do programa elaborado pola Concellería de Igualdade e o CIM para conmemorar o Día Internacional da…
Están á venda 5 millóns de boletos en toda España para o sorteo que se celebrará o 26 de marzo Á presentación asistiron o alcalde, Anxo Arca; o director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; e o autor da ilustración, Masito Beiró O director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o autor da ilustración, Masito Beiró, presentaron esta mañá na casa consistorial padronesa o primeiro cupón diario dedicado ás Festas de Pascua. Riveiro indicou que a ONCE ten á venda cinco millóns de boletos en toda España, a un prezo de…
20 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica o anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorización de uso das parcelas das Festas da Pascua 2024-2027. O anuncio pode verse picando nesta ligazón. 15 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica a aceptación de renuncias e as segundas adxudicacións das parcelas para as festas da Pascua 2024 ao 2027. O anuncio pode verse na seguinte ligazón. 14 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica unha corrección de erros do decreto 220/2024, de adxudicación das…
O domingo 31 de marzo de 2024 desenvolverase a tradicional e centenaria Feira Cabalar da Pascua do Concello de Padrón, unha cita imprescindible no calendario de feiras en Galicia e que congrega a multitude de gandeiros, afeccionados e visitantes. Para participar nos concursos morfolóxicos é preciso anotarse antes do 23 de marzo ás 11.00 horas, remitindo a ficha de inscrición cuberta e asinada ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Repartiranse un total de 3.370 euros en premios nos concursos morfolóxicos organizados pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que se desenvolverán a partir das 10.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00…
A figura do mestre e incansable colaborador na organización da Pascua destaca na ilustración deseñada por Alfonso Blanco || O alcalde Anxo Arca resalta que “a xenerosidade de Casasnovas, a súa humildade e o seu espírito altruísta son un exemplo a seguir” || “Presentamos unha programación diversa, para todas as idades, libre de violencia e que pon en valor a música galega”, di a concelleira Chus Campos || O alcalde de Vigo, Abel Caballero, será o pregoeiro dunhas festas nas que actuarán La Misión, Fillas de Cassandra, Celtas Cortos, os grupos folclóricos locais e as mellores orquestras galegas || …
Programa das Festas de Pascua 2024 organizadas polo Concello de Padrón, que se celebrarán do 23 de marzo ata o 7 de abril (ver en pdf). 23 de marzo. Sábado 09:00h XXXV Raid Cabalar Pascua 2024. Proba puntuable para o Campionato galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois, con saída no Monte Santiaguiño. Do 23 ao 31 de marzo 10:00h Campionatos galegos de Xadrez 2024. No Hotel Scala de Padrón celebrarase o Campionato galego da categoría absoluta, Sub-10, Sub-12, Sub-16, feminina e veteranos. Do 25 ao 27 de marzo 16.00h XI Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categorías prebenxamín (25 de…
O Concello recoñeu a traxectoria profesional e o compromiso persoal pola Igualdade de María Calvo, Silvia Carnero, Lydia Angueira, Loli Quintáns, Sabela Ramos, Begoña Suárez, Ana Fernández e o grupo de palistas formado por Ainara Rodríguez, Sabela Duro, María Villaverde, Uxía Álvarez e Candela Romero || A exposición de rúa coas imaxes da homenaxeadas permanece nas rúas entre a praza da Igualdade e o casco histórico de Padrón || O auditorio municipal acolleu a representación da obra de teatro ‘Invisibles’ e o acto institucional coa lectura dun comunicado por parte da concelleira de Igualdade e muller Mariló Saco || …