Novas recentes

O Concello de Padrón traballa para poñer en marcha en setembro unha serie de actividades e estratexias nutricionais que serán realizadas nos colexios do municipio durante o curso 2021-2022. “Todas estas actividades constarán dunha parte na que os nenos e nenas do CEIP Flavia e do CEIP Rosalía de Castro terán que responder a preguntas sobre hábitos de nutrición saudables mediante xogos, adiviñas, encrucillados... Os acertos serán premiados con vales de desconto que poderán canxear nos comercios de Padrón que se sumen ao proxecto”, explica Lorena Couso, concelleira de Cultura. O programa, denominado “Sana el Hoy”, buscará fomentar unha alimentación…
Douscentos ciclistas de 25 equipos tomarán parte na 59 edición da Clásica de Pascua-Ruta Xacobea 2021, que terá lugar este sábado 7 de agosto. Unha proba con inicio e chegada na avenida de Compostela de Padrón e que percorrerá un total de 145 quilómetros polos municipios de Padrón, Dodro, Rianxo, Teo, Santiago, Ames, Brión e Rois. A carreira, organizada polo Club Ciclista Padrones-Aluminios Cortizo, foi presentada esta tarde no auditorio municipal de Padrón nun acto que contou coa presenza do alcalde, Antonio Fernández; a concelleira de Deportes, Lorena Couso; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e…
O Concello de Padrón apoia a volta á normalidade da Banda Municipal de Música de Padrón a través dun acordo de colaboración que propiciará a realización de sete concertos noutras tantas aldeas do municipio durante os meses de agosto e setembro. Unhas actuacións que, en todo caso, terán lugar ás 20:00 horas e serán de asistencia libre e gratuíta, ata completar o aforo que delimiten as autoridades sanitarias. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “dende o Concello de Padrón quixemos colaborar coas distintas agrupacións musicais do municipio, sobre todo despois de todo este tempo sen actuacións pola Covid.…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, entregou esta mañá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, cuarto galardón “Padrón, Berce do Xacobeo”, que o acredita como Peregrino de Honra do Concello de Padrón. Un acto que tivo lugar na Igrexa parroquial de Santiago e ao que asistiron a familia do homenaxeado, a directora xeral de Turismo de Galicia e terceira Peregrina de Honra, Nava Castro; os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro; así como as concelleiras de Festexos de Padrón, María del Carmen Bustelo, e de Turismo de Valga, Malena Isorna, entre outras autoridades. “Santiago…
O Concello de Padrón ten programadas oito visitas guiadas gratuítas sobre a figura de Rosalía de Castro, que terán lugar todos os mércores e venres do vindeiro mes de agosto, ás 12:00 horas. Unhas representacións que correrán a cargo do grupo Os Quinquilláns, que retoman a figura da escritora padronesa despois do gran éxito acadado o ano pasado coas visitas teatralizadas á Casa-Museo Rosalía de Castro. Este novo espectáculo, denominado “Camiño branco de Rosalía” en memoria do poema “Camino blanco, viejo camino”, terá como punto de inicio o Fondo da Vila de Padrón, para percorrer todo o casco de Padrón…
O Concello de Padrón incorporou esta mañá un novo camión recolector-compactador de lixo para o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos. Un novo vehículo no que o Concello de Padrón investiu 174.179,50 euros e que foi recollido esta mañá polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, da man do responsable de Automoción La Junquera SL, empresa subministradora gañadora do concurso público. Fernandez Angueira destaca que “este novo camión recolector-compactador de lixo aumenta de forma significativa os medios do Concello, facilitará o traballo dos nosos técnicos e suporá tamén unha mellora na conservación do medio ambiente”. Neste sentido, este novo vehículo…
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou hoxe por máis de 305.000 euros a redacción dos proxectos construtivos para impulsar cinco novas actuacións para reducir o risco de asolagamento na área fluvial dos ríos Ulla e Sar, ao seu paso polos concellos de Padrón e de Valga. Todas son intervencións deseñadas desde Augas de Galicia e enmarcadas no Plan de xestión específico para esta área fluvial, declarada de risco potencial significativo de inundación. Dos cinco lotes licitados hoxe, catro contratos correspóndense con actuacións a desenvolver en Padrón, que se veñen sumar ao contrato xa…
O Concello de Padrón distinguirá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, como Peregrino de Honra no transcurso dun acto que terá lugar o próximo sábado 24 de xullo, ás 13:30 horas, na Igrexa parroquial de Santiago. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, será o encargado de entregarlle o cuarto galardón “Padrón, Berce do Xacobeo”, dentro do programa de actividades do Día do Peregrino. “Trátase dun premio que entregamos cada ano a unha persoa de relevancia, que fará de embaixador padronés e do noso Camiño aló por onde vaia durante o próximo ano”, explica Antonio Fernández. O “Padrón, Berce do…
A campaña ‘Padrón Experiencias 2021’ conclúe cunha participación de preto de 5.000 persoas e cun alcance de 129.448 persoas en redes sociais. Co obxectivo de activar o consumo local e de impulsar a promoción dos distintos establecementos de Padrón, o Concello a través da concellaría de Turismo puxo en marcha o programa ‘Padrón Experiencias 2021’, que se desenvolveu ao longo dos primeiros meses do ano, concretamente durante 11 semanas. A través desta iniciativa sorteáronse estancias en hoteis, ceas ou comidas en restaurantes, packs de produtos locais e tamén vales para canxear no comercio local. Os sorteos realizáronse a través da…
A tempada de verán na piscina municipal do Concello de Padrón arrinca este sábado 3 de xullo na Escravitude. A piscina estará aberta ata o 5 de setembro. “Un ano máis abrimos a piscina para o goce de toda a poboación de Padrón e, ao igual que no último exercicio, organizamos a tempada de verán cuns estritos protocolos de seguridade por mor da Covid-19”, indicou Lorena Couso, concelleira de Deportes. Para garantir a seguridade de toda a veciñanza, establecerase un estrito protocolo de seguridade sanitaria, polo que será obrigatorio o uso de máscara nos accesos, desprazamentos e paseos polas zonas…
Páxina 34 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…