Novas recentes

O Concello de Padrón vén de poñer en marcha un programa educativo para promover unha alimentación e hábitos de nutrición saudables entre os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria do CEIP Flavia e no CEIP Rosalía de Castro. O programa arrincou esta semana nos dous centros escolares padroneses a través de sesións educativas que inclúen xogos, adiviñas e concursos. O alumnado mellor puntuado neses concursos recibirá unha pulseira coa que terá dereito a un desconto dun 10% das súas compras nos 19 establecementos locais que se sumaron ao proxecto e que están identificados co cartel “Sana el…
O Consello da Xunta autorizou hoxe o convenio de colaboración co Concello de Padrón para a ampliación da rede de saneamento do municipio coruñés, que suporá un investimento de 1,15 millóns de euros. Trátase de executar unha rede de colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80%, achegando 920.000 euros. O Concello de Padrón contribuirá ao financiamento do 20% restante, destinando 230.000 euros. Unha vez autorizado polo Executivo autonómico e asinado este…
A Xunta de Galicia rende homenaxe á novela “La Colmena”, un dos piares da obra do Nobel galego Camilo José Cela, co gallo do 70 aniversario da súa publicación cunha exposición que pon de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación inicial en Bos Aires. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a mostra, que se poderá visitar ata o 1 de abril na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia. Anxo Lorenzo estivo acompañado polos alcaldes de Padrón, Antonio Fernández Angueira; e Rois, Ramón Tojo Lens;…
O Concello de Padrón informa de que todos os rapaces e rapazas do municipio entre 4 e 20 anos poden obter a Tarxeta Xente Nova (TXN) que lles permitirá facer ata 60 viaxes interurbanas gratist por toda Galicia. Esta tarxeta de Transporte de Galicia permítelles viaxar de balde no transporte público interurbano dependente da Xunta de Galicia, sexa cal sexa a súa orixe ou destino. Unha gratuidade que tamén se extende aos barcos que conectan Vigo con Cangas e Moaña, así como ao tren metropolitano de Ferrol. A tarxeta é totalmente de balde, se ben ten que ser cargada cos…
O programa de emprego xuvenil, Emprégate en Verde, volve na súa segunda edición, dende finais de setembro ata principios de novembro, en Padrón. A formación, co obxectivo de fomentar o emprego xuvenil, é de balde e está dirixida a mozos e mozas de 16 e 29 anos. Realizará un percorrido polos 4 oficios relacionados no campo da sostibilidade e a alimentación ecolóxica. Así, tratarán a horta ecolóxica, a panadería e pastelería, a cociña e a restauración, ademais da atención en sala. O taller complementarase cunha metodoloxía práctica, a través dun modelo real de emprendemento sostible, baseado na economía circular. Para…
A Xunta selou hoxe co Concello de Padrón o acordo para investir 3 millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar, coa previsión de licitar as obras a mediados do vindeiro ano. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe co alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, este convenio de colaboración para impulsar as actuacións necesarias para reducir o risco de asolagamentos. Vázquez Mourelle informou de que a Xunta está actualmente centrada no impulso dos proxectos construtivos das obras, prevendo que a comezos de ano se estean redactando xa todos os documentos…
O Concello de Padrón, xunto con ATEGAL, presenta as diferentes actividades do programa de envellecemento activo para persoas maiores de 50 anos para o curso 2021/20202. Podes consultalo aquí. As clases comezarán o 18 de outubro e a matrícula abrirase o próximo 15 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón; e o 22, para as persoas maiores de 50 anos da comarca. A cota da matrícula será de 58 euros por persoa ou 100 euros, no caso de matricularse en parella. Poderá formalizarse no Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 981 81 13 29 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..…
O Concello de Padrón presenta a oferta de actividades nas escolas deportivas municipais para o curso 2021/20202, que terá lugar do 27 de setembro ao 21 de xuño. Podes consultala aquí. A matrícula abrirase o vindeiro luns 13 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón, e o 20 de setembro, para o público en xeral. Unha matrícula que poderá formalizarse na oficina de deportes do Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 664 07 69 74 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As escolas deportivas inclúen na súa oferta: motricidade, ximnasia rítmica, baby basket, fútbol sala, baloncesto, atletismo, tenis, xadrez e…
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o colexio CEIP Flavia (Padrón) onde anunciou que a Xunta vén de licitar por máis de 915.000 euros as obras de rehabilitación integral do centro escolar padronés. Unha visita na que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Lorena Couso, e integrantes da dirección do centro, cos que percorreron as instalacións educativas.As obras, que se veñen de licitar por un importe de 915.243 euros e un prazo de execución de cinco meses, inclúen a reparación da cuberta do edificio coa substitución do material actual por tella cerámica curva, a rehabilitación…
As visitas guiadas “Camiño branco de Rosalía” da compañía teatral Os Quinquilláns por Padrón, están tendo moi boa acollida, cubrindo o aforo nas primeiras visitas. O espectáculo “Camiño branco de Rosalía” en memoria do poema “Camino blanco, viejo camino, permite aos visitantes coñecer as figura de Rosalía de Castro, mentres percorren todo o casco de Padrón. A actividade ten lugar os mércores e venres ás 12 h, con saída dende o Fondo da Vila e chegada ao Paseo do Espolón. A asistencia é de balde pero o número de prazas está limitado a 20 persoas por quenda, polo que é…
Páxina 33 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…