Novas recentes

O alumnado da escola unitaria de A Retén (Padrón) participou onte mércores no obradoiro “Na mestura está a igualdade”, que o Concello de Padrón está a levar a cabo nos distintos centros educativos do municipio a través do Centro de Información á Muller. A actividade é unha das iniciativas programada co gallo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Igualdade de Padrón, Lorena Couso, explica que “nestes días estamos traballando cos nenos e nenas máis pequenos, cun obradoiro adaptado ás súas idades no que elaboran unha árbore da igualdade e o…
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou que o proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para o 2022 recolle un investimento de 1,15 millóns de euros para a ampliación da rede de saneamento municipal do concello de Padrón. Vázquez Mourelle confirmoulle hoxe ao alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, estes investimentos, coincidindo coa sinatura do convenio de colaboración para impulsar a execución das obras dunha rede de colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. No encontro mantido en San Caetano, a conselleira concretou que o…
O Concello de Padrón ultima os detalles dunha nova edición de “Saborea Padrón”, o tradicional concurso de tapas que este ano terá lugar durante catro días: os venres 5 e 12 e os sábados 6 e 13 de novembro. Unha edición na que participarán un total de dez establecementos, que presentarán tapas elaboradas cos produtos máis apreciados do municipio e cos que buscarán sorprender á súa clientela. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradeceu a participación dos hostaleiros padroneses e amosouse convencida de que “a ruta de tapas será un foco de atracción de visitantes grazas ao gran nivel da…
O alumnado da escola de educación infantil A Ponte (Padrón) participou esta mañá no obradoiro “Na mestura está a igualdade”. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado da unitaria da Ponte elaborou unha árbore moi especial, onde toda a comunidade educativa quixo estampar as súas mans violetas amosando que desexan respecto para todas as persoas.
O Concello de Padrón acordou reabrir o mercado ao 90% da súa capacidade a partir deste domingo 17 de outubro. Iso si, o concelleiro de Mercados, Javier Guillán Iglesias, lembra que “os case cincocentos postos que participarán no mercado dominical deberán seguir cumprindo coas medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias”. O Concello de Padrón tomou esta decisión despois de que a Xunta de Galicia permitira a pasada semana a apertura dos mercados co 90% dos postos. O mercado de Padrón mantíñase ata o momento no 60% da súa capacidade debido ás dimensións desta feira, que reunía a…
O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, vén de desenvolver hoxe no colexio de Queiruga (A Escravitude) unha actividade con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un obradoiro denominado “Na mestura está a igualdade” no que tomaron parte o alumnado de cuarto a sexto de educación infantil. Os nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, elaboraron unhas mans lilas con corazóns e conformaron un mural con mensaxes de igualdade, paz e amor. A concelleira de Igualdade e Muller, Lorena Couso, explica…
Ábrese o prazo para inscribirse no MO_CIDADE 2021. O próximos venres 22 e sábado 23 de outubro, a cidade da Cultura de Santiago acolle a nova edición do programa gratuíto dirixido a mozos e mozas de Galicia de entre 18 e 30 anos, MO_CIDADE. Está impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O seu obxectivo é promover e estimular a creatividade, a participación e o espírito emprendedor da mocidade galega, a través do diálogo. Neste novo encontro da xuventude creativa e emprendedora, a mocidade poderá asistir a un programa variado de…
O Concello de Padrón organiza unha Ruta da Pedronía entre a praza do Obradoiro de Compostela e Santiaguiño do Monte que terá lugar o vindeiro sábado 23 de outubro. Unha actividade gratuíta, se ben o aforo será limitado polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Deportes (664 076 974 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do vindeiro 19 de outubro. A concelleira de Deportes, Lorena Couso, anima aos veciños e veciñas do municipio a desfrutar desta experiencia xa que “esta ruta é só unha das moitas iniciativas que estamos organizando dende o Concello de Padrón para promover a Pedronía e…
O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e lembra que non se debe facilitar ningunha información persoal nin bancaria a través do teléfono. Unha alerta motivada diante da confirmación dun caso de “vishing” no municipio, unha fraude cometida a través dunha chamada telefónica na que as persoas estafadoras conseguiron os datos bancarios e persoais dunha veciña de Padrón e lle levaron máis de 5.000 euros da súa conta. O “Vishing” é unha estafa baseada en comunicacións telefónicas ou mensaxes de voz que suplantan a identidade dunha empresa ou persoa de confianza. No caso de Padrón, os…
O Concello de Padrón vén de poñer en marcha un programa educativo para promover unha alimentación e hábitos de nutrición saudables entre os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria do CEIP Flavia e no CEIP Rosalía de Castro. O programa arrincou esta semana nos dous centros escolares padroneses a través de sesións educativas que inclúen xogos, adiviñas e concursos. O alumnado mellor puntuado neses concursos recibirá unha pulseira coa que terá dereito a un desconto dun 10% das súas compras nos 19 establecementos locais que se sumaron ao proxecto e que están identificados co cartel “Sana el…
Páxina 32 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…