Novas recentes
O Concello de Padrón outorga á actriz Rocío González Lorenzo o XIX premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva correspondente ao ano 2020. O xurado acordou por unanimidade recoñecer a traxectoria desta actriz, da que especialmente valoraron a súa capacidade de crear un personaxe complexo dende a contención no plano expresivo do personaxe de “Ada” en ‘Liberto’. O xurado tamén quixo destacar o compromiso da interprete na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos moi diferentes. O xurado, que se reuniu esta mañá para tomar esta decisión no Centro Social do Concello…
O comercio do concello de Padrón incrementa a súa visibilidade a través do marketplace impulsado pola concellaría de Turismo. No mes de setembro o equipo deste departamento lanzou unha nova plataforma online para promocionar os produtos e ofertas dos distintos establecementos de comercio do municipio. Trátase dunha iniciativa incluída no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. “Animo a todas as persoas que dirixen un comercio en Padrón a darse de alta nesta plataforma para mellorar as…
A veciñanza de Padrón eríxese como a máis comprometida coa doazón de sangue na comunidade galega. O concello de Padrón acadou a maior taxa de doazón de sangue de Galicia en 2020, cun total de 833 doazóns ao longo deste exercicio. Esta cifra representa 100 doazóns por cada 1.000 habitantes durante un ano, unha media moi superior á establecida pola Organización Mundial da Saúde –dun total de 40 doazóns por cada 1.000 habitantes-. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia vén de enviar unha carta de agradecemento ao Concello de Padrón pola “encomiable” colaboración da cidadanía, pola…
A DXT é o organismo encargado de expedir os permisos de conducir no territorio español. Para garantizar a seguridade de todos e todas, as persoas aspirantes a conductores demostran nun exame teórico e noutro práctico os seus coñecementos das normas de circulación e as súas habilidades ao volante. Tanto o contido do código, como a súa evaluación cambiaron ao longo da historia do organismo. Para obter os coñecementos necesarios, as autoescolas adaptaron o seu material e os seus métodos a un formato dixital. Por iso, as persoas aspirantes poderán consultar os manuais clásicos de circulación, ademais do material en liña…
A instalación da rede de fibra óptica no concello de Padrón desenvolta por Telefónica xa comezou a súa execución e, ata o de agora, un total de 1.700 fogares en 22 núcleos de poboación do Concello de Padrón xa teñen acceso á fibra. A previsión é que ao longo deste ano o servizo se amplíe a máis de 1.500 novas unidades inmobiliarias pertencentes a outros 19 novos núcleos de poboación, entre os que se inclúe o núcleo urbano de Padrón. O programa continuará posteriormente ao longo do 2022 co obxectivo de que a totalidade de fogares do municipio teña acceso…
O Concello de Padrón aprobou, na sesión plenaria do xoves 25 de marzo, definitivamente a Relación de Postos de Traballo do Concello de Padrón, tras aceptar varias das alegacións dos diferentes grupos de traballadores, colectivas e individuais. Ao longo do proceso o equipo de goberno convocou numerosas mesas de negociación cos sindicatos para acadar un documento final no que se recollesen as diferentes impresións dos traballadores, se ben non todas puideron ser aceptadas. En total a nova Relación de Postos de Traballo recolle un total de 75 postos de funcionarios e de persoal laboral. O documento asenta empregos xa consolidados…
O Executivo de Padrón cofinancia unha campaña de castración intensiva de gatos e gatas da man de profesionais veterinarios no municipio co obxectivo de prever o nacemento de máis animais na rúa e evitar a reprodución descontrolada das colonias felinas. En total, na última semana esterilizáronse 80 animais, se ben non todos habitan en Padrón, senón que tamén se achegaron persoas con felinos dende outros puntos da xeografía galega. A campaña continuará a fin de semana do 2, 3 e 4 de abril. A Asociación ‘Castro, luego existo’ é a responsable do desenvolvemento deste proxecto que ten por obxectivo a…
Co obxectivo de dar cumprimento ao deber de publicitación das axudas recibidas ao abeiro do programa PEL-REACTIVA, o Concello de Padrón facilita a imaxe que todos os beneficiarios deben instalar nun espazo visible do seu centro de traballo e, no caso de contar con páxina web, nun lugar preferente da mesma. Asemade, os beneficiarios e beneficiarias desta liña de axudas deberán enviar ao Concello, a través da sede electrónica unha fotografia xustificativa da colocación da publicidade onde se aprecie o cartel e o entorno onde foi ubicado. Ver e descargar a imaxe en PDF aquí.
A concellaría responsable do Tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos do Concello de Padrón continúa afanándose por converter o municipio nun referente de reciclaxe. O vindeiro xoves 18 de marzo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal realizarase a entrega dos 30 compostadores –e os correspondentes manuais didácticos- aos cidadáns que o solicitaron estas unidades para realizar autocompostaxe. Neste acto de entrega tamén estarán presentes os técnicos de Sogama que impartirán unha sesión de formación para que todas as persoas que vaian ter un compostador teñan coñecemento de como utilizalo e facer o mellor uso posible. Ante a elevada demanda de compostadores…
O Executivo adxudica o proxecto para renovar a iluminación pública municipal por valor de 247.967,4 euros á empresa Roomel Service. A iniciativa financiarase con fondos propios das arcas municipais e co importe dunha subvención que o equipo do Goberno local solicitou no seu momento ao Instituto para a Diversificación do Aforro da Enerxía (IDAE), co que se cubrirá máis do 70% do investimento total. A través deste proxecto o Executivo substituirá case 600 luminarias por outras de tecnoloxía LED. Deste xeito, reducirase a potencia e o consumo, e reformaranse os cadros de mando e instalacións eléctricas que permita adaptalo ás…