Novas recentes
O Concello de Padrón vén de convocar a oitava edición do Certame Poético Rosalía de Castro, no que poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras poéticas inéditas en lingua galega non premiadas noutros concursos. A temática será de libre elección, así como a forma poética elixida, cunha extensión mínima de 400 versos. O premio, único e indivisible, consiste en 1.500 euros e un diploma acreditativo. Así mesmo, a obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. O prazo de presentación irá do 3 de xaneiro ao 15 de marzo…
O Concello de Padrón esixirá un certificado sanitario para a práctica de actividade física ou deportiva non federada nas súas instalacións deportivas municipais cubertas. A medida afectará tanto ás persoas usuarias da piscina e do ximnasio municipais como ás actividades deportivas que realizan, por exemplo, os nosos maiores. Así, a partir do vindeiro luns 20 de decembro, as persoas maiores de 12 anos que desexen acceder a estas instalacións deportivas deberán dispoñer dun certificado que acredite que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a Covid-19, que contan cunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas (PCR) ou 48…
Xoguetería Tatino, a EEI da Escravitude e os particulares Manuel Turnes Oliveira e Claudia Franco Cardama son os gañadores do concurso “Nadal na rúa”, nas categorías de empresa, asociación sen ánimo de lucro e particulares en casa e piso, respectivamente. O fallo do concurso foi dado a coñecer esta mañá pola presidenta do xurado e concelleira de Turismo, Lorena Couso, quen agradeceu a participación rexistrada e destacou que “o xurado valorou especialmente a creatividade na ornamentación, así como a utilización de materiais de refugallo ou eco-sostibles, así como a inclusión de elementos que resalten a identidade local de Padrón”. Así,…
O deporte de alto nivel súmase ao proxecto Sana el hoy, un programa educativo posto en marcha polo Concello de Padrón para promover unha alimentación e hábitos de nutrición saudables entre os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria do CEIP Flavia e no CEIP Rosalía de Castro. Xogadores do Mombús Obradoiro amosaron o seu compromiso co proxecto levando as pulseiras verdes coa lenda “Sana el Hoy, vive el mañana”, mentres que xogadores do Rotogal Boiro Voleibol mesmo visitaron os CEIP Flavia e Rosalía de Castro. Así, Eloy Figueira Rial, docente do programa Sana el Hoy, impartiu catro…
O Auditorio Municipal de Padrón acolleu a presentación dunha aplicación tecnolóxica, que permitirá realizar proxeccións climáticas e así estudar o impacto do cambio climático, a nivel local e rexional. Trátase dunha ferramenta de apoio á acción polo clima, pioneira en Galicia e elaborada por MeteoGalicia. O instrumento foi presentado nun acto presidido pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández. Tamén asistiron: Sagrario Pérez, directora xeral de Calidade Ambiental; Mariluz Macho, subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático; Juan Taboada, coordinador de Meteogalicia; e os demais concelleiros e concelleiras. O alcalde…
O auditorio municipal de Padrón acolleu na noite de onte venres o acto principal programado polo CIM Terras de Iria e o Concello de Padrón para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un acto que comezou cun minuto de silencio en memoria das 37 mulleres e 4 crianzas asasinadas no que vai de ano. Acto seguido tivo lugar o acto de entrega dos premios do I Certame de debuxos con motivo do 25N a: Uxía Domínguez Vidal (2º A), Mariña Sande Vizcaya (4ºB) e Sofía Agrasar Castro (6ºA) do CEIP Flavia; e Hugo Vidal Barreiro…
Numerosos comercios e locais de hostalería de Padrón están a decorar esta semana os seus escaparates coas creacións realizadas no I Certame de debuxos con motivo do 25N. Un certame organizado polo CIM Terras de Iria e no que participaron alumnos e alumnas dos CEIP Flavia e Rosalía de Castro. A entrega de premios aos gañadores/as terá lugar mañá venres 26 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio municipal durante o acto institucional contra a violencia de xénero. O alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Igualdade, Lorena Couso, serán os encargados de entregar os premios a: Uxía Domínguez…
O alumnado do primeiro curso do ciclo de Administrativo do IES Macías o Namorado realizou esta mañá unha visita de estudos ao Concello de Padrón, onde foron recibidos polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso. Unha visita que ten como obxectivo “achegar ao alumnado á realidade do mundo laboral, neste caso unha administración local como o Concello de Padrón”, explica Isabel Covelo, profesora do ciclo. Así, Antonio Fernández Angueira explicoulles ao alumnado, de idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos, a estrutura do Concello, o funcionamento dos distintos departamentos e servizos…
Dúas escape room chamadas “Rexeita o maltrato” polo casco vello de Padrón abrirán a programación especial do CIM Terras de Iria para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A primeira sesión terá lugar mañá martes 22 de novembro, de 10:30 horas a 12:30 horas, e estará protagonizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Macías o Namorado. “Durante os primeiros 20 minutos da actividade, os equipos formados polo alumnado percorrerán as rúas de Padrón na procura de pistas para despois volver á praza de Macías, que é onde se desenvolverá a…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, entregou esta mañá no salón de Plenos da Casa do Concello os premios aos tres establecementos hostaleiros que gañaron o certame “Saborea Padrón 2021”. Uns hostaleiros que amosaron a súa satisfacción pola elevada participación rexistrada nesta edición con respecto a anos anteriores. O alcalde padronés felicitou aos tres locais máis votados pola veciñanza e agradeceu “a implicación dos dez establecementos que participaron nunha iniciativa que serve para dinamizar a nosa economía, como demostrou que houbo un 30% máis de participantes no concurso. Uns bos resultados que nos animan a seguir apostando por proxectos…