Novas recentes

O mago Dani García levou onte o seu espectáculo Tin ao campo de festa de Iria, onde pequenos e maiores puideron participar neste espectáculo de calle no que o protagonista parece chegar dun lonxano lugar. A actuación de Dani García é o primeiro espectáculo do programa A cultura rula por Padrón que irá percorrendo outras seis parroquias do municipio os venres ata o 1 de xullo. Dirixidos a un público familiar, as actuacións comezarán todas ás 20.00 horas A vindeira semana o circo e as acrobacias serán as protagonistas en Pazos. O día 20, Sue Moreno levará ata o campo da Capilla o seu…
O poeta e editor noiés Manuel López Rodríguez é o gañador da oitava edición do certame poético Rosalía de Castro coa obra Neste mesmo intre. O xurado, reunido onte pola mañá no Concello de Padrón, destaca a “gran riqueza de imaxes” coa que López logra recrear unha Compostela extinta na que se producen certos achádegos literarios. A obra de Manuel López, presentada co lema ‘A campesiña do Ensanche’, foi seleccionada por maioría entre as dezanove que este ano se presentaron ao certame Rosalía de Castro. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, contou como vogais coa concelleira Lorena…
Reivindica a relectura da súa obra e, entre as moitas facetas do escritor, resalta que “Cela contaba historias cunha forza que moi poucos lograron xuntar nas súas carreiras”  ||   O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a concelleira Lorena Couso e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, asistiron á ofrenda floral  ||   Alumnos do IES Camilo José Cela, Macías o Namorado e SEK Atlántico participaron na lectura publica de ‘La Rosa’  ||   O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiron hoxe un dos actos conmemorativos do 106 aniversario do…
A Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España concedeulle a Placa ao Mérito na súa categoría de ouro á Agrupación Protección Civil de Padrón, en recoñecemento a un cuarto de século de servizo á poboación. O concelleiro padronés Francisco García e o coordinador da entidade galardoada, Pablo Muñiz, recolleron o premio nun acto celebrado o pasado sábado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. A distinción de ANAV Protección Civil España recoñece o traballo de Protección Civil de Padrón desde hai 25 anos. O traballo da Agrupación padronesa é visible e imprescindible tanto en situacións de risco…
O alcalde presidiu a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago ||  A Coral Val do Sar e o grupo Amigos do acordeón das Rías Baixas ofreceron un concerto no auditorio  ||   Os maiores retomaron o xantar de confraternidade no restaurante Scala con máis de 200 asistentes  ||   O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da Corporación, presidiu hoxe a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago, onde se celebrou a misa solemne para conmemorar o día do patrón do…
Esta acción pecha un obradoiro no que participan integrantes de Voluntariado Sénior e alumnado do IES Camilo José Cela  ||  O grupo teatral Chévere, a cooperativa Feitoría Verde e SEPA-USC dirixen o proxecto  ||     O Xardín Botánico-Artístico de Padrón acolle este domingo 8 de maio ás 12:30 horas unha intervención colectiva dentro do marco de Xardín Utopía, un proxecto colaborativo coma­­­ndado polo grupo teatral Chévere, a cooperativa sen ánimo de lucro Feitoría Verde e o SEPA (Grupo de Investigación en Educación Ambiental da facultade de Pedagoxía da USC). A experiencia desenvol­­­­­­veuse durante todo o curso nun equipo de traballo…
Anxo Angueira: “Con esta ruta podes evocar a obra de Rosalía. Ten interese literario, paisaxístico e histórico” Os alcaldes de Padrón, Rois e Dodro relatan algúns dos lugares que percorre o roteiro e a vinculación coa vida e obra da escritora José Conde fixo as pedras que sinalizan a senda e Camilo Seira deseñou a folla da figueira que se converte na imaxe da iniciativa A inscrición está aberta na web de Emesports ata o 19 de maio, cun prezo de 3 euros para as persoas maiores de 14 anos A recadación íntegra será doada á Asociación Amipa Os alcaldes…
O Concello de Padrón vai recibir unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento do posto de técnico/a en animación sociocultural durante o ano 2022. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte, mércores 4 de maio, a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2022. Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón
O Concerto das Letras Galegas, a VII Festa da Lingua e a inauguración da Ruta ‘Rosalía nos camiños’ son actos destacados na programación de ‘Padrón Literario’ // Haberá visitas teatrais de Macías e Elvira todos os sabados, outra dedicada a Rosalía o Día das Letras e tertulias clandestinas con Camila Trulock // Unha ofrenda floral honrará a Camilo José Cela no cemiterio de Adina o día 11 de maio, data do seu nacemento // A infancia será protagonista con actividades para centros escolares e multitude de espectáculos familiares //   As rúas e os edificios públicos de Padrón encheranse neste mes de maio…
O Concello de Padrón vai recibir unha subvención de 15.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento do persoal técnico de deportes con titulación universitaria durante o presente exercicio 2022. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro da convocatoria do programa FO106: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais dde Deporte en 2022. Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón.
Páxina 23 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…