Novas recentes

Co obxectivo de reactivar o consumo nos establecementos locais e de promocionar o concello de Padrón como destino turístico, o departamento de Turismo do Concello de Padrón crea o programa ‘Padrón Experiencias 2021’. Trátase dunha iniciativa innovadora que se desenvolverá a través das redes sociais e na que estarán implicadas distintas empresas do sector e os establecementos locais. A través desta iniciativa as empresas turísticas e o comercio da vila terá unha maior presenza nas canles dixitais e contarán cun importante apoio de promoción para chegar a un público máis amplo e incrementar a súa clientela. Así, as empresas do…
A concellaría de Turismo vén de arranxar a contorna dos sarcófagos antropomórficos do cemiterio de Adina ao lado da Igrexa de Santa María A Maior de Iría Flavia. Trátase dunha actuación realizada no marco de Plan de Reactivación do Turismo elaborado por esta concellaría para os anos 2020 e 2021, que contempla un apartado para embelecer distintos puntos estratéxicos da vila de Padrón. A maior parte dos sarcófagos desta zona datan do século VI e constitúen un dos principais reclamos turísticos deste municipio pola importancia da Igrexa de Iria Flavia e por ser un punto do Camiño  de Santiago. Así,…
O Concello de Padrón adquire un novo camión recolector-compactador de lixo para o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos do concello de Padrón. O investimento para mercar este novo medio que facilitará o traballo dos usuarios técnicos ascende a máis de 174.000 euros. Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón, sinalou que “esta adquisición incrementa os medios e recursos do Concello. Asemade é unha mostra máis do noso compromiso coa mellora das ferramentas municipais para facilitar o traballo dos técnicos da nosa vila. Investir neste tipo de bens tamén redunda nunha loita máis efectiva contra o cambio climático”. O camión…
A importancia do Xacobeo e a súa ligazón co concello de Padrón quedará recollida nun libro, que editará a concellaría de Turismo ao longo deste ano. O primeiro paso é recoller información e fotografías para nutrir de contido esta publicación que pretende dar protagonismo á veciñanza. Por tanto, todas aquelas persoas que queiran colaborar xa poden enviar artigos e fotografías que mostren a forte vinculación de Padrón co fito histórico do Xacobeo e tamén a súa importancia na tradición da chegada do apóstolo a Galicia. As imaxes e os artigos poderán abordar esta vinculación a través de elementos patrimoniais, naturais…
Un total de 115 persoas autónomas e microempresas do concello de Padrón recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva solicitado polo equipo de goberno á Deputación da provincia da Coruña. O Concello vén de publicar o anuncio coa resolución desta liña de subvencións, que ascende no municipio padronés a 227.500 euros. Cada un dos beneficiarios poderá dispor de axudas que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia da Covid-19 no último exercicio. As persoas autónomas e microempresas beneficarias deste programa terán ata o vindeiro 31 de marzo de 2021…
A corporación local do Concello de Padrón deu luz verde por unanimidade a proposta presentada polo Executivo local para investir os fondos provinciais do Plan Único de Concellos. A Deputación provincial asignou ao Concello de Padrón un total de 416.285,95 euros para ás obras e servizos de competencia municipal. “Este é un investimento importante para o noso Concello que nos permitirá dar resposta ás demandas da nosa veciñanza e acondicionar diferentes espazos do noso municipio para mellorar a calidade de vida dos padroneses e padronesas. Este proxecto de inversión é froito da observación das necesidades da cidadanía no seu día…
O programa de Emerxencia Social desenvolto dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Padrón incrementou durante o 2020 o número de intervencións realizadas por necesidades derivadas da situación económica e social como consecuencia da pandemia da Covid-19. Así, no último exercicio o equipo deste departamento do Concello de Padrón atendeu un total de 1.809 solicitude de axuda. Do total de usuarios, 1.063 eran mulleres e 737 varóns, e se sumamos os usuarios e usuarias que demandaron en máis dunha ocasión unha intervención por parte dos servizos sociais, a cifra ascende a 2.628 expedientes. Entre todos estes casos o…
A consellería de Sanidade inicia no concello de Padrón un cribado para detectar a Covid-19 a través de test de antíxenos entre a cidadanía do municipio, despois de que o rexedor desea localidade  o solicitase. A realización destas probas, que se desenvolverán en horario de tarde entre as 16:00 e 19:00 horas no Centro Médico municipal –entrada principal-, terán lugar ao longo destas semanas e servirá para detectar posibles persoas que sexan asintomáticas. Por tanto, as persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo departamento de Sanidade da Xunta de Galicia recibirán unha mensaxe para realizar estas probas para detectar se están…
Como solicitar o bono social eléctrico? O bono social eléctrico é unha axuda que outorgan algunhas comercializadoras de enerxía eléctrica a aqueles colecitvos con dificultades, para afrontar o pago do seu consumo. Os consumidores que precisen estas axudas, poderán solicitar este bono nas oficinas de Endesa e Iberdrola en Padrón.  Consulta toda a información aquí.
Hoxe comezou en Padrón un novo curso avanzado contraincendios organizado pola Asociación de Bombeiros de Galicia en colaboración con Concello de Padrón e co Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Un total de 20 alumnos e alumnas poderan asimilar contidos sobre a extinción de incendios na aula da sede desta unidade no municipio. O curso ten unha duración de 21 horas e impartirase durante a xornada de hoxe e mañá cun estrito protocolo de medidas de seguridade pola pandemia da Covid-19. Os alumnos e alumnas recibirán contidos teóricos sobre métodos de extinción, explosimetría e tamén realizarán prácticas cos traxes de intervencións, cos…
Páxina 22 de 43

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…