Novas recentes

O día 12 abre o prazo de matrícula só para persoas empadroadas no municipio e a partir do día 19 para todo o público Nesta edición contémplase xa a nova ordenanza de cotas aplicadas na inscrición O curso comezará o 26 de setembro O Concello de Padrón vén de facer público a ampla oferta deportiva para o curso 2022-23 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Unha proposta deportiva que comezará a súa andaina o 26 de setembro e que este ano retoma á normalidade, despois das dúas últimas tempadas marcadas polas restricións e os…
Unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos // As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 543 992 // Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Padrón esta semana, gracias á colaboración entre Xunta e Concello de Padrón. O xoves día 8, o venres día 9 e o luns día 12, unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos, para desenvolver…
A potabilizadora de auga ubicada en Padrón e xestionada pola Xunta abastece aos concellos da marxe dereita da ría e a Vilagarcía ||  Ethel Vázquez recordou que a Lei de mellora do ciclo integral da auga, que entrará en vigor mañá, permitirá aos concellos blindar os seus sistemas de abastecemento fronte á seca con apoio da Xunta  ||   A conselleira salienta que este é o único dos grandes sistemas de abastecemento xestionado pola Xunta, porque así llo encomendaron de xeito voluntariado os concellos en 2004  ||     O obxectivo de cara ao futuro é impulsar actuacións de ampliación na potabilizadora…
Mantéñense as actuacións infantís de xoves e venres  ||   Os Quinquilláns representan mañá ‘Terra de raíñas’ na praza de Macías  ||   Óscar Ibáñez & Tibo ofrecerán o concerto programado polo Xacobeo o venres en Fondo de Vila  ||     O Concello de Padrón vén de anunciar a suspensión da XV Feira Medieval e Gastronómica no Padrón Xacobeo, que se ía  celebrar do 2 ao 4 de setembro, debido á previsión de mal tempo durante a fin de semana. Porén mantéñense algúns dos espectáculos programados ata o venres, como a representación teatralizada dos Quinquilláns, as actuacións de Títeres Cachirulo,…
Tivo gran acollida entre touroperadores e axencias de viaxes na feira de Silleda e pode descargarse tamén na web de Turismo de Padrón // Incide no Padrón xacobeo e literario, as paraxes naturais do municipio, produtos como o pemento de Herbón e a lamprea e recolle un directorio con empresas de servizos e hostelería // ‘Padrón. Camiño e destino’ é o título do catálogo co que o Concello padronés se está a promocionar entre touroperadores, axencias de viaxes e outros profesionais do turismo de cara a difundir todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da…
Da man de dous personaxes singulares, Frei Estradón e do Bardo Bernardo, coñeceron o convento franciscano, a súa contorna e o valor do río Ulla //   A xornada de convivencia incidiu sobre a figura de Macías O Namorado e as cantigas de escarnio e maldicir //   O programa de conciliación padronés, que finaliza o vindeiro 17 de agosto, xira en torno a temática medieval // Os nenos e as nenas participantes no Campamento urbano 2022, organizado polo Concello de Padrón nas instalacións do Convento de Herbón, recibiron hoxe aos integrantes do programa de conciliación da vida familiar e…
O conselleiro de Cultura visitou esta mañá o novo espazo expositivo na compaña dos concelleiros Lorena Couso e Francisco Javier Guillán // “Parécemos moi positivo que un conxunto de alto valor patrimonial sume cada vez máis espazos de visita”, subliña a edil // A recuperación para o goce da cidadanía do convento de Herbón dá un novo paso coa apertura dun espazo expositivo na primeira planta do claustro, rehabilitado recentemente grazas a un investimento da Xunta de preto de medio millón de euros. Esta actuación súmase á restitución do retablo barroco da igrexa hai apenas uns anos por mor doutra…
A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade anuncia no acto de clausura desta formación que a Xunta investirá o próximo ano 500.000 € nun novo obradoiro de emprego para os concellos de Rois, Padrón e Dodro O alumnado aprendeu a linguaxe de programación e xestión de contidos facendo dúas propostas web vinculadas ás comunidades de montes en man común dos concellos de Terras de Iria   A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Judit Fontela, clausurou hoxe en Rois o obradoiro Xuventude en Acción 2021, promovido polos concellos de Rois, Padrón e Dodro e que contou…
O cociñeiro, natural de Cambados, oficiou de pregoeiro na XLII Festa do Pemento de Herbón, festa declarada de Interese Turístico de Galicia // O alcalde en funcións, José Ramón Pardo, recibiu aos representantes da procesión de tractores no balcón da casa consistorial // Intercambio de pementos e ramo de flores e ofrenda diante da estatua da pementeira marcaron os actos en Padrón // Repartíronse na carballeira do convento máis de 1.000 quilogramos do afamado produto con denominación de orixe protexida // A parroquia padronesa de Herbón recuperou con éxito a súa tradicional Festa do Pemento de Herbón, unha cita que…
O alcalde, Antonio Fernández Angueira, presidiu a comitiva padronesa que foi recibida en Compostela por Sánchez Bugallo  ||   Os dous rexedores coincidiron en salientar os fortes vencellos que unen aos dous municipios dende o principio dos tempos  ||     O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiu hoxe a comitiva da Corporación padronesa que se desprazou ata a capital de Galicia para participar nos actos institucionais do Día de Padrón en Santiago, coincidindo coas festas do Apóstolo. Na praza do Obradoiro foron recibidos polo rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da corporación compostelá, para participar nun acto institucional…
Páxina 19 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…