Novas recentes
O concurso está dirixido ao alumnado de secundaria dos centros educativos de Rois e de Padrón // O obxectivo é implicar a mozas e mozos na prevención, a visibilización e a denuncia da violencia de xénero // O Centro de Información á Muller Terras de Iria, en colaboración cos concellos de Rois e Padrón, promove un certame de TikTok entre o alumnado de secundaria dos dous municipios no marco das actividades coas que conmemorará o 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. O concurso, que ten como obxectivo a sensibilización de mozas e mozos fronte á violencia…
O grupo está formado por unha ducia de participantes de distintas idades e conta con figuras femininas significativas da contorna vinculadas ao traballo e coidado da terra // A primeira sesión incidiu sobre as consecuencias do cambio climático, a transmisión de saberes e prácticas respectuosas co medio // A iniciativa parte de Feitoría Verde e conta coa implicación da Oficina de Voluntariado de Padrón e o co-financiamento do Concello // A emerxencia climática é unha realidade á que non podemos dar as costas e as mulleres poden _e deben_ xogar un papel determinante na loita contra o cambio climático nas…
Os alcaldes Antonio Fernández e Ramón Tojo destacan que por primeira vez ofrecen unha programación coordinada || O auditorio roisense acollerá os espectáculos de outubro || A capital do Sar tomará o testigo en novembro e decembro || A oferta teatral sobresae nun programa que inclúe concertos, exposicións ou conferencias || O desexo de ampliar o número de espectáculos e o tipo de propostas para reforzar a oferta cultural levou aos concellos de Padrón e Rois a unir os seus esforzos e a deseñar por primeira vez unha programación coordinada para o último trimestre do…
O Concello que preside Antonio Fernández recibirá unha achega de 145.000 € da Unión Europea // Administracións locais, entidades da sociedade civil e persoas mozas de 16 países debateran sobre o sentido de pertenza á UE e o reforzo da identidade europea en tempos de crise // O proxecto, enmarcado no programa CERV 2021-2027, desenvolverase ao longo dun ano e medio en cinco reunións temáticas e en cinco localidades europeas diferentes // Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea, ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía da UE, os valores comúns, reforzar o entendemento mutuo a través…
O programa de envellecemento activo para maiores de 50 anos inclúe unha ampla oferta de actividades // Retómase o ximnasio e inclúense novas propostas formativas como hipopresivos, patchword, bordado, ganchillo, encaixe de Camariñas e un curso de manexo de APP de bancos e caixeiros automáticos // Visitas culturais, encontros de ATEGAL, conferencias, obradoiros e cursos de curta duración complementan o programa que se fai extensivo ao rural // As clases arrincan o 17 de outubro e finalizarán o 31 de maio de 2023 // As Aulas Sénior de Padrón, xestionadas por ATEGAL, en colaboración co Concello de Padrón, veñen de…
O día 12 abre o prazo de matrícula só para persoas empadroadas no municipio e a partir do día 19 para todo o público Nesta edición contémplase xa a nova ordenanza de cotas aplicadas na inscrición O curso comezará o 26 de setembro O Concello de Padrón vén de facer público a ampla oferta deportiva para o curso 2022-23 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Unha proposta deportiva que comezará a súa andaina o 26 de setembro e que este ano retoma á normalidade, despois das dúas últimas tempadas marcadas polas restricións e os…
Unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos // As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 543 992 // Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Padrón esta semana, gracias á colaboración entre Xunta e Concello de Padrón. O xoves día 8, o venres día 9 e o luns día 12, unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos, para desenvolver…
A potabilizadora de auga ubicada en Padrón e xestionada pola Xunta abastece aos concellos da marxe dereita da ría e a Vilagarcía || Ethel Vázquez recordou que a Lei de mellora do ciclo integral da auga, que entrará en vigor mañá, permitirá aos concellos blindar os seus sistemas de abastecemento fronte á seca con apoio da Xunta || A conselleira salienta que este é o único dos grandes sistemas de abastecemento xestionado pola Xunta, porque así llo encomendaron de xeito voluntariado os concellos en 2004 || O obxectivo de cara ao futuro é impulsar actuacións de ampliación na potabilizadora…
Mantéñense as actuacións infantís de xoves e venres || Os Quinquilláns representan mañá ‘Terra de raíñas’ na praza de Macías || Óscar Ibáñez & Tibo ofrecerán o concerto programado polo Xacobeo o venres en Fondo de Vila || O Concello de Padrón vén de anunciar a suspensión da XV Feira Medieval e Gastronómica no Padrón Xacobeo, que se ía celebrar do 2 ao 4 de setembro, debido á previsión de mal tempo durante a fin de semana. Porén mantéñense algúns dos espectáculos programados ata o venres, como a representación teatralizada dos Quinquilláns, as actuacións de Títeres Cachirulo,…
Tivo gran acollida entre touroperadores e axencias de viaxes na feira de Silleda e pode descargarse tamén na web de Turismo de Padrón // Incide no Padrón xacobeo e literario, as paraxes naturais do municipio, produtos como o pemento de Herbón e a lamprea e recolle un directorio con empresas de servizos e hostelería // ‘Padrón. Camiño e destino’ é o título do catálogo co que o Concello padronés se está a promocionar entre touroperadores, axencias de viaxes e outros profesionais do turismo de cara a difundir todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da…