- Participaron representantes de 18 países nas sesións de traballo celebradas en Cracovia no marco do programa Europe for Citizen /
- Antonio Fernández Angueira considera que a integración dos migrantes representa un desafío das capacidades institucionais de integración a nivel europeo /
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, considera que a inmigración representa un desafío do desenvolvemento das capacidades institucionais a nivel europeas a medio e longo prazo. Así o manifestou durante a súa intervención esta fin de semana en Cracovia nun encontro europeo que xuntou a representantes de 18 países dentro do programa Europa for Citizen.
Fernández Angueira recordou que mentres o ano pasado miles de millóns de persoas non puideron viaxar por mor da pandemia, citando datos do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), resaltou que 84 millóns de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus países, na inmensa maioría dos casos debido á guerra.
As posturas máis integracionistas (que rexeitan acoller inmigrantes) contrapóñense a modelos multiculturais nos países de destino dos migrantes pero tamén, e de xeito cada vez máis frecuente, nos países de orixe e de tránsito, segundo manifestou o alcalde na súa intervención. Un problema, dixo Antonio Fernández Angueira, que supón “un desafío para o desenvolvemento de capacidades institucionais a medio e longo prazo e que require recursos financeiros e humanos, así como unha estrutura administrativa e legal flexible e ampla” para poder resolver esta situación cada vez máis frecuente, como está demostrando a guerra de Ucraína.
O encontro celebrado esta fin de semana en Cracovia, a segunda cidade máis poboada de Polonia, forma parte do proxecto titulado Lazos que nos unen a través da emigración, que ten por obxectivo fomentar o intercambio de coñecementos e de experiencias sobre emigración en diferentes países da Unión Europea. No mesmo déronse cita representantes de concellos e organizacións civís de 18 países da unión Europea.