-->

O Concello de Padrón abre as inscricións para o Campamento urbán que se celebrará en agosto

  • A actividade de conciliación desenvolverase no Convento de Herbón e terá temática medieval  ||

  • Os menores adentraranse nas diversas actividades da man de dous personaxes singulares: Frei Estradón e o Bardo Bernardo  ||

  • O programa, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase do 4 ao 17 de agosto  ||

 

O Concello de Padrón ven de abrir as inscricións para o Campamento Urbán 2022, que se desenvolverá do 4 ao 17 de agosto nas instalacións do Convento de Herbón. Nesta ocasión, o programa de conciliación dirixido a nenos e nenas do municipio de 6 a 12 anos, levará aos menores á Idade Media.

Da man de dous personaxes singulares, Frei Estradón e o Bardo Bernardo, as rapazas e os rapaces, percorrerán o convento franciscano e realizarán diversas actividades con temática medieval. Entre estas destacan, obradoiros de cociña na que elaborarán receitas medievais; obradoiros artísticos de armaduras, escudos, espadas e complementos varios; animación á lectura con criaturas fantásticas e da mitoloxía popular galega; obradoiro de heráldicas e bandeiras; xogos de pistas ou bailes musicais galegos, entre outros.

Os nenos e as nenas tamén levarán a cabo rutas exteriores pola contorna do río Ulla, desfrutaran de pases de películas e ludoteca. Todo un programa de actividades pensado para vivir, sentir e viaxar na historia e, sobre todo, para gozar.

O Campamento urbán 2022 desenvolverase de luns a venres en horario de 9.00 horas a 14.00 horas.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición nas dependencias municipais, en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas. Para máis información, chamar ao teléfono 981 810 451.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…