-->

Máis de 60 nenos e nenas participaron este ano na Escola de Música Municipal de Padrón

A Escola de Música Municipal de Padrón pechou onte pola tarde o presente curso escolar cun festival. Polo escenario do auditorio municipal pasou unha representación dos máis de sesenta alumnos e alumnas que se formaron ao longo dos pasados meses amosando o traballo realizado nas distintas disciplinas. 

Para moitas das rapazas e dos rapaces a de onte foi a primeira que se subían a un escenario e que actuaban ante o público. A emoción, os nervios e a ilusión estiveron presentes durante todo o acto. O alumnado veu recompensado o seu bo facer cos aplausos dun público entregado, entre os que se atopaban, en representación do goberno municipal, a concelleira de Cultura, Lorena Couso, e o edil de Relacións Veciñais, Francisco García Dios.

O festival de fin de curso da Escola de Música Municipal de Padrón comezou coa actuación dos máis cativos e cativas, o alumnado de música e movemento. A continuación pasaron os de frauta, oboe, saxo, piano, trompeta, trompa, metal grave e, finalmente, percusión. Pechou o festival a Banda Xuvenil da Escola de Música.

20220622 Padron Festival Escola Municipal Musica 11

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…