-->

'Camiños de Coñecemento e Experiencia' formou a 21 persoas este ano en Padrón

  • O programa de IV Ciclo da USC para maiores de 50 clausurouse onte en Santiago //
  • O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, foi o encargado de recoller os correspondentes diplomas //

 

O Salón Noble do Colexio de Fonseca, en Santiago, acolleu onte a clausura do programa do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela Camiños de Coñecemento e Experiencia no que participaron un total de 21 alumnos e alumnas do municipio de Padrón maiores de 50 anos. O encargado de recoller os diplomas do alumnado padronés participante nesta acción formativa foi o alcalde, Antonio Fernández Angueira.

O alcalde de Padrón destacou a importancia deste programa formativo da USC que “ten por obxectivo favorecer a democratización do saber así como potenciar e difundir o coñecemento científico e artístico no colectivo de persoas maiores de 50 anos”, dixo. Tras felicitar a todas as persoas participantes, Fernández Angueira aproveitou para animalas a seguir colaborando “en novas edicións desta acción formativa e que poidamos seguir sumando máis alumnas e alumnos”.

O acto de clausura contou coa participación e intervencións da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; da directora do Programa Universitario de Maiores-IV Ciclo, Mª Esther Olveira Olveira; e o subdirector xeral de Planificación, Sistemas de Información, Calidade, Humanización e Innovación Asistencial da Xunta de Galicia, Javier Ventoso Rial.

Ademais da entrega de diplomas, Laura Touriñán Morandeira, investigadora posdoutoral Margarita Salas, pronunciou a lección maxistral, e tamén interveu Beatriz Rosende, unha das alumnas do programa. O acto rematou coa actuación da tuna.

Camiños de Coñecemento e Experiencia é un programa promovido pola USC ao abeiro do IV Ciclo que se desenvolveu nos meses de marzo a xuño deste ano. Trátase dunha iniciativa formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago e da súa zona de influencia administrativa e sociocomunitaria.

20220622 Clausura Camiños coñecemento experiencia 06

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…