-->

O Concello de Padrón organiza unha recollida de herbas de San Xoán

  • A actividade terá lugar o xoves, 23 de xuño, e desenvolverase no Santiaguiño do Monte
  • 20220616 Herbas San XoanO alumnado das escolas unitarias do municipio participará nunha iniciativa similar o 21 de xuño

 

O Concello de Padrón organiza unha recollida de herbas de San Xoán. A actividade, que se desenvolverá o xoves, 23 de xuño, ás 11.00 horas, está aberta a todo o público e terá por escenario o Santiaguiño do Monte. As persoas interesadas en participar deberán formular a súa inscrición na web de Turismo.

Dende o Concello anímase a poboación a participar nesta fermosa tradición, na que, ademais de recoller as tradicionais herbas de San Xoán, poderán coñecer un pouco máis as propiedades e os diferentes usos das plantas que se atopan ao seu redor. Lémbrase que as prazas para participar na actividade son limitadas.

As herbas recollidas, fundamentalmente aromáticas e medicinais que se atopan no Santiaguiño do Monte, servirán para facer o cacho esa noite. E, ao día seguinte, como manda a tradición, lavarse a cara con esa auga fresca e aromática para purificarse e espantar as meigas.

O Concello de Padrón tamén organizará esta actividade coas nenas e cos nenos das escolas unitarias do municipio. O alumnado recollerá as herbas de San Xoán o martes 21 de xuño.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 646 593 319 ou mandar un mail ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…