-->

Alumnado de secundaria de Padrón celebra o Día das Letras Galegas coa VII Festa da Lingua

Manuel López Rodríguez recibe o galardón do certame poético Rosalía de Castro nun acto celebrado no Auditorio municipal

Lorena Couso reivindica o papel central de Padrón na vida literaria de Galicia

 

20220516 Padron Festa lingua 3O Concello de Padrón sumouse á conmemoración do Día das Letras Galegas coa celebración da VII Festa da Lingua, que contou hoxe no Auditorio padronés coa participación do alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado. No transcurso desta cerimonia, a concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, fixeron entrega do premio do VIII Certame Poético Rosalía de Castro, que recaeu no autor noiés Manuel López Rodríguez.

Manuel López Rodríguez fíxose merecedor do galardón grazas á súa obra Neste mesmo intre, nun certame ao que concorreron preto dunha vintena de poemarios. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e coa participación da concelleira Lorena Couso, do propio Anxo Anqueira, do profesor de literatura Manuel Lorenzo Balerión e dos poetas Rafa vilar, Elvira Ribeiro e Miriam Ferradáns valoraron a "gran riqueza de imaxes" contida nas páxinas do manuscrito.

"Para Padrón é unha honra contar cun certame poético do nivel do Rosalía de Castro", explicou Lorena Couso, "cun atractivo para os autores que se demostra no gran número das obras presentadas e na súa boa calidade". "É de xustiza", proseguiu, "que esta vila faga o posible por manter aceso o lume literario que acenderon algúns dos seus veciños máis célebres, coma o Nobel Camilo José Cela, o trobador Macías ou a propia Rosalía".

20220516 Padron Festa lingua 1Durante a VII Festa da Lingua, os alumnos e alumnas de secundaria asistentes participaron nun acto no que se leron poemas e se interpretou música como forma de celebrar a rica herdanza literaria padronesa. Xa pola tarde, o Auditorio municipal acollerá a partir das 18.00 horas o concerto para público familiar A miña lingua, a túa lingua, a cargo de Oviravai.

Baixo o título de Padrón Literario, o Concello programou este mes unha serie de propostas para poñer en valor este patrimonio cultural, con accións que van das visitas teatralizadas a algúns dos lugares máis destacados da localidade, tertulias ou actividades para a infancia, entre outras. Mañá, Día das Letras, partirá desde o Fondo de Vila ás 12.00 horas a visita teatral Camiño branco de Rosalía, pola zona vella de Padrón. O mércores 18 de maio a atención centrarase nunha tertulia clandestina con Camila Trulock Bertorini, nos Xardíns do Museo Camilo José Cela (19.00h). A inauguración o sábado da ruta Rosalía nos Camiños cunha andaina solidaria é outro dos puntos fortes do programa de Padrón Literario, que pode consultarse na súa totalidade neste enlace

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…