Print this page
-->

Dani García puxo a rular a cultura por Padrón con humor e maxia no campo de festa de Iria

O mago Dani García levou onte o seu espectáculo Tin ao campo de festa de Iria, onde pequenos e maiores puideron participar neste espectáculo de calle no que o protagonista parece chegar dun lonxano lugar. A actuación de Dani García é o primeiro espectáculo do programa A cultura rula por Padrón que irá percorrendo outras seis parroquias do municipio os venres ata o 1 de xullo. Dirixidos a un público familiar, as actuacións comezarán todas ás 20.00 horas

A vindeira semana o circo e as acrobacias serán as protagonistas en Pazos. O día 20, Sue Moreno levará ata o campo da Capilla o seu espectáculo ‘4.0’. O día 27 tocaralle o turno á narración oral e a maxia de Fran Rei, que viaxará ata A Escravitude para representar ‘Superheroe’ no campo do santuario.

20220513 DaniGarcia CulturaRula Iria

A cultura rula por Padrón chegará a Herbón o 3 de xuño. Contos e teatro de obxectos son a base da proposta ‘O Peirao’ que Diáspora Teatro representará na Carballeria de Herbón. Pakolas visitará o campo da Devesa de Extramundi o venres seguintes, 10 de xuño, unha tarde na que a música será a protagonista con ‘Ramona orbita’.

‘Malabaridades’, unha proposta de circo e malabares de Fran Boza, rulará ata o campo da festa de Carcacía o 17 de xuño. A última parada deste programa será no campo da festa da Ponte, o 1 de xullo, onde Trío Detrés representará ‘Máis ritmo’, un espectáculo de música e clown.

O obxectivo deste programa “é achegar os espectáculos culturais ao rural de Padrón, para que todas as familias do municipio poidan gozar dunha ampla programación sen ten que achegarse ata a vila. Son propostas atractivas e variadas que, pensamos, van gustar á pequenos e maiores, como puidemos ver onte en Iria”, asegura a concelleira de Cultura Lorena Couso.

20220426 A cultura rula

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…