O alcalde presidiu a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago ||
A Coral Val do Sar e o grupo Amigos do acordeón das Rías Baixas ofreceron un concerto no auditorio ||
Os maiores retomaron o xantar de confraternidade no restaurante Scala con máis de 200 asistentes ||
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da Corporación, presidiu hoxe a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago, onde se celebrou a misa solemne para conmemorar o día do patrón do municipio. A comitiva estivo acompañada pola Charanga O Santiaguiño e por veciños e veciñas, que se sumaron a celebración
Despois do actos relixiosos o representantes municipais trasladáronse ata o auditorio municipal para asistir ao concerto da Coral Val do Sar e o grupo Amigos do acordeón Rias Baixas, que foron moi aplaudidos polos veciños e veciñas presentes.
A xornada festiva continuou esta mañá coa celebración da trixésima edición do xantar institucional da terceira idade, que se celebrou no restaurante Scala con máis de 200 asistentes. Na súa intervención, Antonio Fernández Angueira tivo palabras de recordo para as persoas que “xa non están con nós” e agradeceulles a todos os presentes o traballo que fixeron ao longo da súa vida “e que nos permitiu chegar ata aquí”. Tamén os animou a aproveitar este reencontro coas amizades e a gozar dos actos festivos programados para hoxe, co pasarrúas da Charanga O Santiaguiño e na verbena co grupo Eureka.