Print this page
-->

O alcalde de Padrón recolle a Medalla de Honra que a Confraría das Dores lle concedeu ao Concello

Con estes primeiros galardóns, a entidade recoñece a colaboración de institucións e persoas na celebración dos actos da Semana Santa  ||   

Antonio Fernández Angueira e concelleiros da Corporación participaron por primeira vez na procesión das Virxe das Dores  ||  

 

20220408 Concello Padron medalla honra Confraria Dores Pascua 29

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e membros da Corporación participaron onte por primeira vez na procesión da Virxe das Dores, despois de recoller unha das Medallas de Honra coa que a Confraría das Dores recoñece a colaboración que o Concello ven mantendo coa entidade na organización e celebración solemne dos diversos actos do setenario. 

Estes galardóns, que entregou a confraría por primeira vez na súa historia, foron concedidos tamén aos sacerdotes Roberto Martínez Díaz e Francisco Dopazo Rial; a Fructuoso Lareu Pardal, Camilo Rodríguez Pazos, Manuel López Gómez, Camilo Cortiñas Agrasar, José Cortiñas Agrasar, Avelino Agrelo Figueira, Ramón Rodríguez Nimo, Amancio Suárez Diaz, Octavio Rodríguez Cabana; e, a título póstumo, a Anselmo Calvo Fernández e Ramón Romero Bustelo.

01b 20220408 Concello Padron medalla honra Confraria Dores Pascua 47

 

Antonio Fernández Angueira e membros do equipo de goberno, acompañados polos portavoces e concelleiros do PSdeG e Compromiso por Galicia, saíron en comitiva dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago, onde foron recibidos por unha representante da Confraría e polo párroco Roberto Martínez.

20220408 Concello Padron medalla honra Confraria Dores Pascua 50

Tras recoller a medalla, os representantes da Corporación participaron por primeira vez na procesión da Virxe das Dores, a primeira das que se celebran en Padrón con motivo da Pascua e que percorreu algunhas das rúas do casco histórico.

A entrega da Medalla de Honra da Confraría das Dores coincidiu onte co acordo do Consello da Xunta que declarou a Pascua de Padrón como Festa de Interese Turístico de Galicia, que comeza hoxe a súa semana grande coa celebración do raid cabalar e os campionatos galegos de xadrez.

 

20220408 Concello Padron medalla honra Confraria Dores Pascua 32

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…