-->

Padrón porá en marcha un dispositivo especial de seguridade durante as Festas da Pascua

  • O alcalde presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local encargada da coordinación//

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade na que se coordinou o dispositivo especial que operará durante as Festas da Pascua.

Participaron na xuntanza representantes da Delegación do Goberno en Galicia, do Grupo de Emerxencias Padrón-Rois-Dodro, e membros da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil. Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro, asistiron tamén como convidados, por causa da repercusión que a celebración ten en toda a comarca do Sar.

A Xunta Local de Seguridade abordou o reforzamento dos cadros dos corpos de seguridade durante as festas e a súa coordinación para responder ás previsións de grande afluencia de público. A entrada e saída de vehículos da vila e as medidas que se adoptarán o domingo de Pascua co gallo da feira cabalar foron algúns dos asuntos tratados.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…