-->

Padrón súmase ao Día Mundial do Autismo tinguindo de azul cinco dos seus monumentos

  • Convida á veciñanza a sumarse á campaña de sensibilización facéndose unha foto e subíndoa ás redes sociais //

O Concello de Padrón conmemora o Día Mundial do  Autismo sumándose un ano máis á campaña Ilumina de Azul, que convida a tinguir de azul edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo para visibilizar como mostra de apoio e solidariedade co colectivo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e coas súas familias.

A Casa do Concello, o edificio de Servizos Sociais, a estatua de Rosalía de Castro no  Espolón, A Pementeira e A Semilleira serán os monumentos que se iluminen de azul en Padrón. Trátase dun xeito de visibilizar ás persoas con autismo e incrementar o coñecemento e a tolerancia cara a elas, ademais de celebrar o seu talento e capacidades e chamar a atención sobre as necesidades que teñen.

O Concello de Padrón convida a toda a veciñanza a participar na campaña de sensibilización, facéndose unha foto xunto a un dos monumentos iluminados para despois compatila en Instagram ou Twitter cos hashtags #IluminadeAzul e #DiaMundialAutismo.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…