-->

Curso de montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial no IES Macías o Namorado

  • A formación, dirixida a persoas desempregadas, desenvolverase entre marzo e agosto //

  • Os interesados deberán acudir ao instituto o mércores 16 de marzo ás 10 da mañá //

O IES Macías o Namorado acollerá entre o 28 de marzo e o 3 de agosto un curso de Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial dirixido a persoas desempregadas e que estean en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente. O curso, que consta dun total de 510 horas, permitirá desempañarse como instalador electricista industrial ou electricidsta de mantemento de reparación de equipos de control, medida e precisión.

As persoas interesadas en participar nesta formación gratuíta deberán presentarse o mércores 16 de marzo ás 10 da mañá no IES Macías o Namorado, onde se desenvolverá o proceso de selección. Hai un total de quince prazas dispoñibles. Cabe lembrar que para facer o curso é necesaria a inscrición na oficina de emprego.

No caso de dúbidas ou necesitar máis información, poden dirixirse ao instituto no número de teléfono 881 86 67 60.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…