-->

Moitos Nenas nenos gozaron con Mickye, Chase e Olaf nunha festa de Entroido moi animada

A rapazada sorprendeuse cando viron aparecer os personaxes máis coñecidos dos debuxos animados  ||  

Numerosa presenza de familias no pavillón do Souto, que puideron moverse ao ritmo da música do DJ  ||  

Tatuaxes, pintacaras, globoflexia, doces e os hinchables estiveron moi concorridos durante toda a tarde  ||  

20220228 Festa infantil Entroido Padron ALF4996

Os personaxes máis coñecidos por nenos e nenas das series de debuxos animados da televisión non quixeron faltar onte á festa infantil do Entroido que organizou o Concello de Padrón e que convocou a centos de persoas no pavillón do Souto. Durante toda a tarde pequenos e maiores participaron activamente nos diferentes talleres montados para animar as festas de Entroido.

20220228 Festa infantil Entroido Padron 1

Mentres soaba a música, a sorpresa foi maiúscula entre a rapazada cando viron aparecen a Mickye Mouse. Enseguida nenas e nenos foron a abrazalo, tocalo e a seguir a coreografía que marcaba o famoso personaxe de Disney mentres saltaban os canóns de confeti. Moitos quixéronse facer unha foto para inmortalizar o momento.

O mesmo pasou máis tarde cando apareceu Chaise, un dos cans máis coñecizos da Patrula Canina, ou Olaf, o moneco de neve da serie Frozen. Foron os tres momentos no que menos afluencia había nas mesas nas que nenas e nenos acudían para que lles debuxasen tatuaxes, lles pintaran a cara ou lles regalaran figuras feitas con globos. O inchable e a mesa de doces tamén tiveron longas esperas para poder escalar ou probar algunha lambetada.

20220228 Festa infantil Entroido Padron ALF4981

Moitas foron as persoas que tamén se fixeron un retrato diante dos fotocall ou os que bailaron ao ritmo da música que pinchaba o DJ que animou a tarde.

20220228 Festa infantil Entroido Padron ALF5009

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…