-->

Rematan as xornadas formativas para a constitución da mesa local contra a violencia de xénero

  • Os compromisos acadados levaranse ao pleno do 31 de marzo //
  • A concelleira Lorena Couso solicita a colaboración de todos os axentes locais para mellorar a atención ás vítimas //

Padrón levará ao vindeiro pleno ordinario do 31 de marzo a constitución das mesas locais contra a violencia de xénero, logo de que o venres pasado se desenvolvese a derradeira das xuntanzas que serviu como toma de contacto entre todos os axentes locais implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia machista.

Estas reunións de traballo, iniciadas no ano 2020 e que quedaran interrumpidas polas Covid, retomáronse no presente mes de febreiro coa idea de constituír a mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, un instrumento que ten como obxectivo actuar conxuntamente para protexer as vítimas.

Os encontros, que se desenvolveron os días 4 e 11 de febreiro, reuniron baixo a supervisión das profesionais do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria a representantes da política municipal, efectivos da Policía Local e da Garda Civil, persoal do centro de saúde, de Andaina e de Amipa, delegacións de asociación de mulleres e deportivas e representantes dos centros escolares e das Ampas.

Os compromisos acadados son os que se levarán agora ao pleno coa fin de fixar un protocolo común de actuación entre todos os axentes locais á hora de abordar os casos de violencia machista no municipio. A concelleira Lorena Couso, que presidirá a mesa de coordinación resultante, mostrou a súa satisfacción pola culminación dun proceso que considerou “moi importante para poder axudar as mulleres” e lembrou que a participación está aberta a todos os axentes locais. “Gustaríame contar coa colaboración continua de todos e que cada un poña da súa parte pensando en mellorar para que a resposta contra a violencia de xénero sexa áxil e efectiva”. O CIM ocupará a secretaría da mesa e marcará a axenda dos encontros.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…