-->

Tina Fernández e Pablo García, gañadores da Padrón 10K celebrada onte cun gran ambiente

  • Martina López e Arturo Domínguez foron os mellores padroneses desta proba que xuntou a case 600 atletas en todas as categorías ||

  • Manuel Cruces Prado, de 78 anos, foi o de máis idade, e Elvira Tresguerras quen pechou a entrada na meta ||

  • O triatleta galego Uxío Abuin deu o pistoletazo de saída ||

  • Correron 40 pitufos e houbo grande participación nas categorías escolares ||

  • Consulta neste enlace a galería de imaxes da XIX Padrón 10K (preme aquí)

06 Padron 10K Pitufos

Tina Fernández Barreiro, do Club Atletismo Sar, e Pablo Miguel García, do Athletics San Lázaro, foron os gañadores na decimonovena edición da Padrón 10K que onte xuntou no Campo do Souto a moitos espectadores e preto de 600 atletas entre todas as categorías, con ampla participación entre menores de idade, con 40 pitufos e pitufas disputan os cen metros. Polo que respecta aos atletas locais, Martina López e Arturo Domínguez foron os primeiros en cruzar a meta nas categorías asbsolutas.

Na categoría feminina, por detrás de Tina Fernández (37:42) pasaron pola liña de meta Patricia Varela (38:52), Silvia García (40:53) e Vanesa Blanco (42:07). Ao podio da categoría masculina subiron Pablo Garcia (31:43), José Canda (31:47), Nuno Costa (31:50) e Manuel Lorenzo (32:58).

Algúns dos protagonistas da xornada foron o triatleta galego Uxío Abuín, que leva tempo lesionado, foi quen deu o pistoletazo de saída á proba das categorías absolutas, na que destacou a participación do veterano Manuel Cruces Prado, quen aos 78 anos fixo un tempo de 1:10:01. Tamén foi moi aplaudida a participación de Elvira Tresguerras, do Club Atletismo Sar, que pechou a carreira cun tempo de 1:16:21.

14 Padron 10K Convento Carme

As clasificacións nas diferentes categorías pode consultarse na páxina web de Emesports. A entrega de premios celebrouse no auditorio municipal, presidida polo tenente alcalde de Padrón, José Ramón Pardo, e a concelleira de Deportes, Lorena Couso. Houbo premios para os primeiros clasificados de cada categoría e tamén para os equipos participantes. Aquí, o Club Atletismo Sar recibiu dobre recoñecemento, como primeiro equipo e por ser o que máis atletas mobilizou (23). O Triaglón Vilagarcía e a SD Compostela Atletismo tamén subiron ao podio como segundo e terceiro club.

08 Padron 10K nenos

Nas categorías escolares este ano houbo moita participación, despois de que 40 nenos e nenas menores de catro anos correran os 100 metros da súa categoría, a organización decidiu facer saídas separadas para nenos e nenas nas categorías prebenxamín, sub 10 e sub 12.

Podes ver máis fotos na galería de fotos da Padrón 10K (neste enlace) e na páxina de Facebook do Concello de Padrón (neste enlace)

19 Padron 10K Elvira Tresguerras

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…