-->

Padrón renovará o alumeado de Carcacía cunha axuda do IDAE para reducir o consumo á metade

  • Substituiranse 608 puntos de luz, 19 cadros de mando e o cableado en mal estado //

  • O Ministerio de Transición Ecológica aporta 259.069 euros de fondos europeos // 

  • As obras, que terán un orzamento total de 323.000, terán que estar rematadas antes de xullo de 2023 //

Padrón vai acometer en datas próximas a renovación do alumeado público na parroquia de Carcacía, substituíndo as luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED de última xeración, o que permitirá reducir o consumo case á metade. Para levar a cabo o proxecto, o director xeral do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) do Ministerio para la Transición Ecológica vén de comunicarlle ao Concelllo a concesión dunha subvención de fondos eropeos que ascende a preto de 260.000 euros.

A actuación céntrase no cambio de 608 dos 4.182 puntos de luz existentes por novas luminarias LED de última tecnoloxía equipadas cun driver ou controlador electrónico, co que se pode diminuír o fluxo lumínico en función de horario. Ademais, o proxecto contempla a susbtitución de 19 dos 85 cadros de mando coa fin de adaptalos á normativa vixente. Tamén se trocará o cableado que se atopa en mal estado.

Todos estes traballos suporán unha diminución da potencia, que pasará dos 39 kilovatios actuais a 19 KW no futuro, co que se conseguirá un aforro enerxético estimado de ao redor do 48 por cento.

A renovación do alumeado en Carcacía ten un orzamento total de 323.837,23 euros. Un 80% desta cantidade (259.069,78 euros) será aportado, a tavés do IDAE, por unha subvención europea de fondos FEDER de desenvolvemento rexional no marco do programa operativo de crecemento sostible 2014-2020, que ten como obxectivo camiñar cara unha economía baixa en emisións de carbono.

Tal e como establecen as bases da subvención, as obras deberán contratarse nun prazo máximo de seis meses e terán que comezarse antes dun ano para que estean rematadas  como moi tarde en xullo do ano que vén.

O de Carcacía é o segundo proxecto de renovación de alumeado acometido en Padrón nos  últimos tempos, logo do que se levou a cabo en distintos puntos o ano pasado.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…