-->

O Concello de Padrón leva a cabo no colexio de Queiruga o taller “Na mestura está a igualdade”, primeira actividade da campaña do 25N

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, vén de desenvolver hoxe no colexio de Queiruga (A Escravitude) unha actividade con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un obradoiro denominado “Na mestura está a igualdade” no que tomaron parte o alumnado de cuarto a sexto de educación infantil.

Os nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, elaboraron unhas mans lilas con corazóns e conformaron un mural con mensaxes de igualdade, paz e amor. A concelleira de Igualdade e Muller, Lorena Couso, explica que “este obradoiro é a primeira das actividades que se poñen en marcha con motivo da campaña do 25 de novembro. A próxima terá lugar o 15 de outubro na unitaria da Ponte e a nosa intención é seguir facendo diferentes actividades durante todo o curso escolar, tratando de promover a igualdade entre os nosos nenos e nenas a través de actividades adaptadas aos distintos cursos escolares”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…