-->

Aberto o prazo de inscrición para o MO_CIDADE 2021

Ábrese o prazo para inscribirse no MO_CIDADE 2021. O próximos venres 22 e sábado 23 de outubro, a cidade da Cultura de Santiago acolle a nova edición do programa gratuíto dirixido a mozos e mozas de Galicia de entre 18 e 30 anos, MO_CIDADE. Está impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O seu obxectivo é promover e estimular a creatividade, a participación e o espírito emprendedor da mocidade galega, a través do diálogo.

Neste novo encontro da xuventude creativa e emprendedora, a mocidade poderá asistir a un programa variado de actividades gratuítas. Durante a tarde do venres e o sábado todo o día, a Cidade da Cultura encherase de diversos faladoiros, concertos amais de zonas de stands e networking e foodtrucks para xantar.

Así se levarán a cabo charlas con influencerse e profesionais do sector como Oliver Laxe, Cristina Cerquerias ou María Mera; verasarán sobre o uso responsable das redes, sobre medio ambiente e sustentabilidade...Tamén haberá  faladoiros de emprendemento e innovación, tecnoloxía e videoxogos.

A xuventude tamén poderá desfrutar coas diferentes actuacións musicais con Oh Ayatollah, Marem Ladson, Dani e Battosai.

MO:CIDADE 2021 oferta 200 prazas. Para participar, debes inscribirte neste enlace.  A inscrición supón o acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, aos concertos musicais, así como ao aloxamento e almorzo durante os días do encontro (noites do venres e sábado). Neste caso, as persoas que participen, serán aloxadas nas instalacións do Monte do Gozo.

Descarga o programa completo de MO_CIDADE 2021


 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…