-->

O programa de emprego xuvenil, Emprégate en Verde, desenvolverase en Padrón

O programa de emprego xuvenil, Emprégate en Verde, volve na súa segunda edición, dende finais de setembro ata principios de novembro, en Padrón. A formación, co obxectivo de fomentar o emprego xuvenil, é de balde e está dirixida a mozos e mozas de 16 e 29 anos. Realizará un percorrido polos 4 oficios relacionados no campo da sostibilidade e a alimentación ecolóxica. Así, tratarán a horta ecolóxica, a panadería e pastelería, a cociña e a restauración, ademais da atención en sala. O taller complementarase cunha metodoloxía práctica, a través dun modelo real de emprendemento sostible, baseado na economía circular.

Para participar é preciso ter entre 16 e 29 anos, estar rexistrado no sistema de Garantía Xuvenil e non estar traballando nin estudando no momento da formación.

Emprégate en verde terá lugar na sede da Fundación Paideia, en A Escravitude. As persoas interesadas poden anotarse neste formulario ou a través dos teléfonos 981 817 000 / 981 223 927; por WhatsApp no 606 026 202; ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Esta formación para a mocidade enmárcase dentro do convenio entre a Escola de Organización Industrial - EOI e a Asociación Deloa, encargada do curso. Tamén colaboran O Fogar de Santiso e a Fundación Paideia Galiza.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…