Print this page
-->

Catro áreas diferenciadas caracterizan o programa de envellecemento activo do Concello de Padrón do curso 2021/2022

O Concello de Padrón, xunto con ATEGAL, presenta as diferentes actividades do programa de envellecemento activo para persoas maiores de 50 anos para o curso 2021/20202. Podes consultalo aquí. As clases comezarán o 18 de outubro e a matrícula abrirase o próximo 15 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón; e o 22, para as persoas maiores de 50 anos da comarca. A cota da matrícula será de 58 euros por persoa ou 100 euros, no caso de matricularse en parella. Poderá formalizarse no Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 981 81 13 29 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O programa dividise en catro áreas: saúde (coas actividades de ximnasia de mantemento, pilates, taichí, escola de espalda, ioga-relaxación, hipodepresivos, camiñatas, obradoiro de memoria e o programa “Neuronup” de reforzo de memoria por ordenador); cultural (con informática, curso de manexo de móbiles e historia da arte); ocupacional (manualidades e pintura ao óleo ou en tela) e lecer (visitas culturais, conferencias ou cursos de corta duración).

Ademais, ATEGAL impartirá formación polas parroquias de Padrón. Na parroquia de Carcacía, ximnasia e mantemento; en Angueira de Suso, obradoiro de memoria e ximnasia de mantemento; e en Extramundi impartirá as clases de ximnasia e mantemento, escola de espalda e pilates.

Todas as actividades seguirán o protocolo COVID-19 establecido polas autoridades sanitarias.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…