-->

As visitas guiadas “Camiño branco de Rosalía”, dos Quinquilláns, toman en agosto o relevo do “Chronicón Iriense” de Suso Martínez

O Concello de Padrón ten programadas oito visitas guiadas gratuítas sobre a figura de Rosalía de Castro, que terán lugar todos os mércores e venres do vindeiro mes de agosto, ás 12:00 horas. Unhas representacións que correrán a cargo do grupo Os Quinquilláns, que retoman a figura da escritora padronesa despois do gran éxito acadado o ano pasado coas visitas teatralizadas á Casa-Museo Rosalía de Castro.

Este novo espectáculo, denominado “Camiño branco de Rosalía” en memoria do poema “Camino blanco, viejo camino”, terá como punto de inicio o Fondo da Vila de Padrón, para percorrer todo o casco de Padrón e rematar no Paseo do Espolón. A asistencia é de balde pero o número de prazas está limitado a 20 persoas por cada quenda, polo que é preciso reservar entrada en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 646 593 319.

Os Quinquilláns tomarán así o relevo do “Chronicón Iriense”, unhas visitas guiadas dende a Igrexa de Santa María a Maior (Iria Flavia) e o casco histórico de Padrón, realizadas todos os sábados polo actor Suso Martínez. Uns espectáculos que encheron as vinte prazas dispoñibles en todas as sesións celebradas, a falta das sesións do 24 e 31 de xullo. Coma no caso anterior, as reservas poden facerse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 646 593 319.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…