-->

A concellaría de Turismo da o pistoletazo de saída á campaña ‘Vive Padrón’

A campaña ‘Vive Padrón’ arranca o 1 de xullo cun concurso nas redes sociais, concretamente a través de Instagram. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o turismo e comercio local, ao mesmo tempo que se erixe coma unha proposta sostible. O concurso invita ás persoas participantes a compartir un selfie no seu perfil persoal de Instagram, a fotografía pode ser individual ou grupal. O requisito imprescindible é que a imaxe sexa tomada nun dos recursos culturais, patrimoniais, etnográficos, naturais ou gastronómicos de Padrón. Para consolidar a participación haberá que etiquetar a conta de instagram de @padronturismo, empregar o hashtag #VivePadrón e, por suposto, terán que ser seguidores da conta de @padronturismo nesta rede social. Os premios que poden gañar as persoas participantes son vales para trocar posteriormente nos establecementos, restaurantes, comercios ou empresas de turismo activo de Padrón.

Lorena Couso, concelleira de Turismo do Concello de Padrón, precisou que “esta iniciativa pretende ser un revulsivo para os distintos locais e establecementos da nosa vila, ao mesmo tempo que contribúe a afianzar un turismo sostible e a destacar os espazos máis recoñecidos do noso patrimonio”.

Manteis ‘Vive Padrón’

No marco desta nova campaña de promoción desenvolta polo departamento de Turismo do Concello de Padrón. A través de ‘Vive Padrón’ todos os establecementos hostaleiros da vila que o solicitaron recibiron xa os manteis individuais en formato A3 cun orixinal deseño dun plano da localidade cos principais atractivos turísticos.

Santiaguiño do Monte, o Convento do Carme, O Pedrón, o Paseo do Espolón, o Xardín Botánico, o Cruceiro do Fondo da Vila, a Igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia ou o Convento de San Antonio de Herbón son algúns dos puntos estratéxicos turísticos do concello de Padrón que se destacan neste mapa como principais recursos turísticos. Os manteis foron creados a partir de residuos de caña de azucre, con fibras naturais e homologados para estar en contacto con produtos alimentarios. Os manteis son tamén biodegradables e para a súa impresión se empregou tinta sen produtos químicos.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…