-->

O Concello de Padrón firma un convenio de colaboración con ACOUGO

O Concello de Padrón e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) formalizaron hoxe o seu convenio de colaboración, mediante o que se asentan as bases para o desenvolvemento de programas de atención, formación e difusión de sistemas de protección de menores e de acollemento familiar. Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras.

Deste xeito, no marco deste convenio o Executivo local axudarán ás unidades familiares de acollemento na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos comedores escolares, ás actividades deportivas ou á escola infantil.

Na actualidade, no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras mentres que en toda Galicia hai 329 familias acolledoras e máis de 1.300 nenos e nenas en centros de acollida, segundo os últimos datos recollidos. Dende ACOUGO afánanse por dar a coñecer entre a sociedade a realidade de nenas e nenos en situación de desprotección e en axudar as familias de acollida en todos os seus trámites.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…