Print this page
-->

A concellaría de Cultura do Concello de Padrón envía un exemplar dos Bolechas sobre Rosalía de Castro a todas as crianzas das escolas unitarias

O Concello de Padrón enviou un agasallo aos nenos e nenas das escolas unitarias e de infantil municipais para conmemorar o Día de Rosalía, celebrado na xornada do 24 de febreiro. O obxectivo do departamento de Cultura, liderado por Lorena Couso, é achegar aos máis pequenos a paixón pola literatura como símbolo de identidade de Padrón. Posto que a situación da pandemia da Covid-19 impediu realizar todas as actividades que acostuman realizarse nesta xornada coas crianzas de Padrón, dende o Executivo local apostaron por enviar este exemplar para que dende as súas casas os cativos puidesen ter presente a Rosalía de Castro.

O exemplar enviado, “Os Bolechas. As miñas primeiras letras galegas. Rosalía de Castro”, ía acompañado dunha carta do alcalde para saudar as familias destes nenos e nenas e para desexarlles que desfrutasen en familia deste libro. “Queremos introducir aos nenos e nenas da nosa vila nesta tradición a través deste pequeno agasallo. Trátase dun libro no que as coñecidas personaxes dos Bolechas presentan a Rosalía de Castro e a súa obra, polo que pode supoñer un primeiro contacto coa escritora para os máis pequenos da casa”, sinala Antonio Fernández Angueira.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…