-->

A concellaría de Turismo de Padrón presenta unha innovadora proposta para dinamizar o sector turístico da vila

Co obxectivo de reactivar o consumo nos establecementos locais e de promocionar o concello de Padrón como destino turístico, o departamento de Turismo do Concello de Padrón crea o programa ‘Padrón Experiencias 2021’. Trátase dunha iniciativa innovadora que se desenvolverá a través das redes sociais e na que estarán implicadas distintas empresas do sector e os establecementos locais. A través desta iniciativa as empresas turísticas e o comercio da vila terá unha maior presenza nas canles dixitais e contarán cun importante apoio de promoción para chegar a un público máis amplo e incrementar a súa clientela.

Así, as empresas do sector turístico deben enviar unha proposta de oferta que poden incluír estancias no seu establecemento por unha noite para dúas persoas, unha actividade de turismo activo, unha cata de produtos, unha comida ou cea para dúas persoas, algún agasallo produto de Padrón, un lote de produtos locais ou calquera tipo de experiencia.

O departamento de Turismo realizará un sorteo cada sete ou quince días con cada unha das experiencias propostas polos empresarios locais, para participar os usuarios e usuarias das redes sociais deberán seguir o perfil de Facebook de ‘Padrón Turismo’ e o da empresa xestora da experiencia, deberán dar a ‘Gústame’ á publicación do sorteo, facer un comentario etiquetando a persoa coa que quere compartir a experiencia e compartir a publicación do sorteo no seu perfil.

“Esta é unha proposta que dende Turismo de Padrón empregamos para promocionar a localidade e os establecementos que vaian a participar. Asemade o feito de que dende o concello adquiramos estas ofertas para sortear tamén supoñen unha pequena axuda para o sector”, explicou Lorena Couso.

Os gañadores das experiencias terán un prazo dun ano para canxear o premio e desfrutar da experiencia ou do agasallo, que o Concello de Padrón aboará a cada un dos establecementos participantes.

Neste momento, está aberto o prazo para que os diferentes establementos comerciais e turísticos da vila de Padrón envíen as súas propostas ao departamento de Turismo para o que deberán achegar a folla de participación –ben presencialmente na Oficina de Turismo ou a través de enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O establecemento deberá tamén facilitar imaxes para poder promocionar a súa oferta nas redes sociais.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…