Print this page
-->

O Executivo de Padrón embelece a contorna da Igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia

A concellaría de Turismo vén de arranxar a contorna dos sarcófagos antropomórficos do cemiterio de Adina ao lado da Igrexa de Santa María A Maior de Iría Flavia. Trátase dunha actuación realizada no marco de Plan de Reactivación do Turismo elaborado por esta concellaría para os anos 2020 e 2021, que contempla un apartado para embelecer distintos puntos estratéxicos da vila de Padrón.

A maior parte dos sarcófagos desta zona datan do século VI e constitúen un dos principais reclamos turísticos deste municipio pola importancia da Igrexa de Iria Flavia e por ser un punto do Camiño  de Santiago. Así, o equipo de goberno local puxo en marcha esta actuación co obxectivo de poñer en valor esta zona.

“Os vindeiros dous anos do Xacobeo son moi importante para Galicia e tamén para Padrón, polo que temos que ter todo preparado para mostrar a beleza do noso municipio. Esta actuación é unha posta en valor do noso patrimonio”, afirmou Lorena Couso, concelleira de Turismo.

A contorna da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia foi declarada ben de interese cultural e no 2019, último ano do que temos datos, máis de 85.000 persoas visitaron á vila de Padrón.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…