-->

O alcalde de Padrón firma a adquisición dun novo camión recolector-compactador de lixo para o concello

O Concello de Padrón adquire un novo camión recolector-compactador de lixo para o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos do concello de Padrón. O investimento para mercar este novo medio que facilitará o traballo dos usuarios técnicos ascende a máis de 174.000 euros.

Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón, sinalou que “esta adquisición incrementa os medios e recursos do Concello. Asemade é unha mostra máis do noso compromiso coa mellora das ferramentas municipais para facilitar o traballo dos técnicos da nosa vila. Investir neste tipo de bens tamén redunda nunha loita máis efectiva contra o cambio climático”.

O camión ten un prazo de garantía de catro anos, e será entregado nos vindeiros meses pola empresa Automoción La Junquera, que foi a adxudicataria para a subministración deste novo ben que incrementa os medios e recursos municipais.

O novo camión ten tres eixos, conta cunha caixa semiautomática de 23 metros cúbicos e ten carga traseira. A mellora máis relevante é a redución de emisións de CO2 á atmosfera. Esta adquisición supón a renovación da flota actual, composta por tres camións, e que nun futuro podería verse incrementada cun novo camión máis de dous eixos, que o Executivo tentará tramitar ao longo deste exercicio.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…