Print this page
-->

A Asociación de Bombeiros de Galicia imparte un curso contraincendios en Padrón coa colaboración municipal

Hoxe comezou en Padrón un novo curso avanzado contraincendios organizado pola Asociación de Bombeiros de Galicia en colaboración con Concello de Padrón e co Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Un total de 20 alumnos e alumnas poderan asimilar contidos sobre a extinción de incendios na aula da sede desta unidade no municipio.

O curso ten unha duración de 21 horas e impartirase durante a xornada de hoxe e mañá cun estrito protocolo de medidas de seguridade pola pandemia da Covid-19. Os alumnos e alumnas recibirán contidos teóricos sobre métodos de extinción, explosimetría e tamén realizarán prácticas cos traxes de intervencións, cos equipos de respiración autónoma, etc.

O concelleiro de Emerxencias presentou o curso esta mañá a primeira hora e destacou a importancia deste tipo de cursos que combinan teoría e práctica para “unha profesión na que a acción é vital”. “É unha satisfación poder por a disposición deste grupo de alumnos e alumnas os nosos recursos e medios nun contexto de seguridade sanitaria, no que as precaucións son extremas”, incidiu.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…