Print this page
-->

Os cursos de IV Ciclo da USC no concello de Padrón conclúen cunha gran acollida entre o público

Por primeira vez o Concello de Padrón ofertou clases do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, cursos que a organización ofrece para persoas maiores de 50 anos. En total participaron 20 alumnos e alumnas, que asistiron aos seminarios teórico e prácticos do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’. A partir dun convenio de colaboración que asinaron a Universidade de Santiago e o Concello de Padrón as persoas maiores de 50 anos puideron desfrutar gratuitamente en Padrón de seminarios nos que se abordou o mediambente, a relixiosidade da Idade Moderna e arte e música. 

Os seminarios deste ciclo ían ter lugar no mes de marzo con 30 alumnos e alumnas, se ben debido a situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia da Covid-19, tivo que adiarse a este mes de novembro e contar só con 20 participantes. Do mesmo xeito, as actividades prácticas tiveron que adaptarse a esta nova situación.  

Os participantes mostraron a súa satisfacción con este programa que consideraron, en xeral, moi interesante e motivador. De feito, as persoas que asistiron solicitaron que o  vindeiro curso se volva a ofertar este tipo de formacións. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…