-->

A unidade de Prevención de Condutas Aditivas comeza unha campaña de sensibilización contra o alcohol co apoio do Concello de Padrón

A Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Padrón, Dodro, Rois e Valga pon en marcha unha nova campaña de sensibilización, que comezou na xornada de hoxe e se prolongará ata o vindeiro domingo 15 de novembro, día no que se celebra o Día Mundial Sen Alcohol. Nesta xornada o equipo desta entidade financiada con fondos municipais publicou unha infografía nas redes sociais -https://www.facebook.com/Unidade-de-Prevención-de-Condutas-Adictivas-DodroPadrónRoisValga-100257515041827- para concienciar dos efectos nocivos do alcohol para a saúde. 

Ao longo desta semana instalaranse cartéis en espazos públicos e en edificios institucionais coma a Casa do Concello, a Casa da Cultura, o Auditorio Municipal, etc. Ademais as profesionais desta unidade están impartindo charlas nos centros educativos públicos do concello de Padrón para concienciar aos nenos e nenas do consumo cero de alcohol a súa idade e para abordar outras adicións como poden ser o xogo patolóxico, o consumo de cannabis ou o uso descontrolado de internet e das redes sociais. 

O concelleiro de Educación mostrou o seu apoio a estas actividades, “é importante informar e abordar estes temas cos rapaces e rapazas no marco dos centros educativos posto que é a mellor forma de previr futuras adicións”. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…