Print this page
-->

‘Saborea Padrón 2020’ supera todas as expectativas

O alcalde e a concelleira de Turismo do Concello de Padrón entregaron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello os premios aos establecementos hostaleiros que gañaron coas súas propostas gastronómicas os tres primeiros premios da edición de 2020 do ‘Saborea Padrón’. Os hostaleiros que participaron mostraron a súa satisfacción polos elevados índices de participación nesta edición, que estaba marcada polas adversas condicións meteorolóxicas e a situación de emerxencia sanitaria. Lorena Couso sinalou “a implicación destes establecementos con esta iniciativa municipal para dinamizar a nosa economía tivo a súa recompensa grazas a alta participación nesta edición que se enmarca nun ano moi atípico. Sen dúbida, isto anímanos a seguir impulsando proxectos deste tipo”.

A participación foi elevada, se ben finalmente entregáronse 240 tarxetas de votación, entre as que por sorteo seleccionáronse catro para ser premiadas con vales de consumo para os establecementos participante, un por valor de 100 euros e tres por valor de 50 euros.

Os gañadores desta edición foron, en primeiro lugar, o Restaurante O Santiaguiño coa súa tapa ‘Traslatio toast’, unha tosta con cebola caramelizada, rulo de cabra, tomate, marmelada e abanico Ibérico. O segundo premio foi para Café Século XX con ‘Atípico’, un solombo de porco con salsa de froitos vermellos. E o terceiro clasificado é O Alpendre con ‘Obradoiro’, unha tapa de carrilleira de porco criado con castañas no seu xugo e con patacas estofadas.

O ‘Saborea Padrón’ celebrouse as fins de semana do 23,24 e 25 de outubro e do 30, 31 de outubro e 1 de novembro. En total participaron 12 establecementos da vila, cunha proposta de trece tapas para degustar os produtos gastronómicos máis senlleiros da nosa vila. Os locais participantes foron Panadería San José, Ruta Xacobea, o Alpendre, Café Cultural Airiños, Restaurante O Santiaguiño, Cafetería Bámbola, Retro Visor, O Alpendre, Café Século XX, Chef Rivera, O Secreto do Viño, O Secreto e O Piorno.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…