Print this page
-->

Xuventude en Acción 2020 pon en marcha un obradoiro para formar a menores de 30 anos en deseño web

Os Concello de Padrón, Rois e Dodro colaboraron para poñer en marcha unha nova iniciativa co obxectivo de facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. O Concello de Rois é o principal encargado de promover o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, para formar a 10 alumnos traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas web.

O programa está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos 340, 320 e 370. O prazo para inscribirse no Servizo Público de Emprego con estes códigos remata o 21 de setembro.

O alumnado-traballador deberá ter o Graduado de ESO ou o certificado de Competencias clave de nivel 2, e estar censado en Rois, Padrón e Dodro. Proximamente daranse a coñecer as bases deste progama para fomentar o emprego entre  a poboación máis xoven, o obxectivo é a súa inclusión laboral. O obradoiro consta dunha parte teórica, e outra parte práctica, na que os participantes formaranse no deseño de webs ampliando a páxina 'Coñece Terras de Iria'.

O obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020 está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…