-->

O Concello de Padrón retoma o sistema da Zona Azul para aparcar

Coa chegada da nova normalidade, o Concello de Padrón volve a poñer en marcha o sistema da zona azul de estacionamento na vila. A partir de mañá, martes 16 de xuño, volverá a entrar en vigor esta limitación en tres espazos do casco urbano: Avenida de Compostela –marxe esquerdo da N-550 en dirección Santiago-, Campo do Souto –fachada da praza de Abastos-, Porta do Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial. O concelleiro de Tráfico destacou que “a Policía municipal retoma as súas funcións no control deste sistema para facilitar o tráfico rodado na vila”.

En Padrón en total hai preto dun centenar de prazas de aparcamento, entre as que se contan varios espazos reservados para persoas con problemas de movilidade. O tempo permitido para estacionar é dun máximo de dúas horas, salvo en Porta de Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial quedará limitado a 30 minutos. E a limitación horaria establecese de luns a venres entre as 09:00 e as 21:00 horas, e os sábados entre as 09:00 e as 14:00 horas, mentres que os domingos e os festivos quedan exentos da restrición.

As condicións para aparcar nestes espazos seguen sendo as mesmas que antes do estado de alarma decretado pola pandemia da Covid-19. Así, os estacionamentos son gratuitos, e os conductores teñen que colocar un distintivo na parte de mando do vehículo no que se indique a hora de chegada. O feito de non cumprir esta limitación horaria nas zonas azules será sancionable con multa de ochenta euros.

O Concello de Padrón instaurou a zona azul de estacionamento en 2018, e sinalizou o centenar de prazas con tempo limitado e controlado para conseguir a rotación de vehículos nos aparcadoiros máis céntricos. No seu momento, o Concello facilitou aos conductores discos azuis, se ben a hora tamén se pode indicar a man ou cos dispositivos doutros concellos.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…