-->

O Concello de Padrón anula a Feira Medieval prevista para principios de xullo

O Concello de Padrón decidiu anular a Feira Medieval de Padrón co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza. Dada a situación de emerxencia social xerada pola Covid-19, e tendo en conta as medidas de seguridade que articulan a nova normalidade, o equipo de Goberno viuse na obrigación de anular esta festa na que se xeran grandes aglomeracións e na que, por tanto, é imposible controlar as medidas sanitarias de distanciamento social.

A celebración da Feira Medieval de Padrón estaba prevista para os día 3, 4 e 5 de xullo, pero agora haberá que esperar ao no que ven para poder desfrutar da ambientación histórica da vila. Antonio Fernández Angueira explicou que “a decisión ven motivada polas recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e estatais, ao igual que fixeron noutros concellos nos que se celebra tradicionalmente esta feira durante o período estival”.

Por outra banda, o executivo local está buscando as claves para reformular a Romería de Santiaguiño do Monte e as actividades lúdicas previstas habitualmente en torno  a esta festa, que se celebra tradicionalmente o 25 de xullo. Polo de agora, aínda non se confirmou a celebración desta festa, posto que por cautela o Concello de Padrón quere agardar a coñecer os pormenores de todas as medidas que se poidan dictar neste contexto.  A prioridade do equipo de goberno é, en todos os casos, acadar a máxima seguridade dos cidadáns.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…