-->

A piscina e o ximnasio municipais de Padrón reabren o venres as súas instalacións

A piscina e o ximnasio municipal de Padrón reabren as súas instalacións este venres no mesmo horario que tiñan antes de que se decretase o estado de alarma. As condicións da reapertura establecéronse en base ao marco normativo que recolle a Fase III do proceso de desescalada cara a nova normalidade. O aforo limitarase ao 12% da capacidade, o que implica una redución do espazo maior da que se establece na normativa da desescalada, que a fixa nun 30%. O obxectivo desta medida adicional é que os usuarios dispoñan dun espazo máis amplo e seguro. Ademais estableceuse un rigoroso protocolo de actuación para pautar a reapertura e establecéronse as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, do mesmo xeito que se intensificaron as quendas de limpeza para manter as instalacións e espazos nas mellores condicións. 

O alcalde de Padrón sinalou que “pouco a pouco temos que ir avanzando cara a nova normalidade, se ben non podemos baixar a garda e por iso compráceme ver o compromiso de todas as empresas e de toda a veciñanza de Padrón cos protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias para continuar a loita contra a Covid-19”.

Polo de agora, os usuarios poderán desfrutar libremente das instalacións, pero os cursos non se retomaran ata máis adiante en función de como avance a situación.  O sistema de acceso é mixto, é dicir, a reserva non é obrigatoria aínda que si recomendable para asegurar o acceso ás instalacións. Os usuarios que non reserven poderán entrar sempre que haxa prazas dispoñibles nese momento. As reservas poden facerse dende este xoves, 11 de xuño, a través do número de teléfono 981 811 690.

É obrigatorio que os usuarios leven a máscara posta cando accedan as instalacións, e só poderán quitala para practicar deporte na piscina ou no ximnasio. É tamén obrigatorio manter a distancia interpersoal, respectando sempre o espazo suficiente e as referencias espaciais.

En canto as cotas, compensaranse os días non desfrutados no mes de marzo neste mes de xuño, e ás persoas inscritas nos cursos tamén se lles compensará os días non desfrutados cando se renoven as clases, se ben aqueles que o desexen poderán solicitar a devolución da parte proporcional que tiveran aboada.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…